Lugo, 13 de marzo de 2014. O vicepresidente da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga, mailo delegado de Cultura e Turismo da institución provincial, o nacionalista Mario Outeiro, presentaron este xoves as bases do programa de teatro amador que vén impulsando a área de Cultura desde fai seis anos, o proxecto Buxiganga, para este 2014.
Segundo explicou Mario Outeiro, “as bases son practicamente iguais que as do ano pasado, coa única diferenza de que se establecen catro baremos para os cachés das compañías en vez dos tres existentes até a actualidade, en función do número de actrices e actores das compañías. Pensamos que desta maneira se axusta mellor á realidade do noso teatro amador”.
Así, establécese un caché de 300 euros por función para os grupos de entre 2 e 5 actrices e actores; de 500 euros para as compañías de entre 6 e 8 persoas; de 750 euros para os grupos nos que actúan entre 9 e 12 persoas; e de 850 euros para os colectivos de 13 ou máis membros. Dese caché, a Deputación subvenciona o 80%, mentres que os concellos ou asociacións que solicitan a función, terán que facerse cargo do 20% restante.
Desde que o proxecto Buxiganga comezara a súa andaina no ano 2009, observouse que o número de colectivos teatrais na provincia vai en aumento. Nestes anos pasouse dos 12 grupos iniciais aos 30 que houbo o ano pasado, un claro indicador de que nesta edición é probable que continúen a sumarse novas agrupacións por todas as comarcas. “Podemos afirmar sen dúbidas que Buxiganga funciona como alicerce para a creación de grupos de teatro na provincia”, precisou Outeiro.
Asemade, o delegado de cultura quixo destacar o éxito a nivel de público que rexistran as representacións de Buxiganga subscribindo as palabras de Peter Brook no libro O espazo baleiro “para que exista teatro ten que haber alguén ollando o que acontece dende fóra, ese é o público e sen el non hai teatro”. Neste sentido, Outeiro informou de que “nas derradeiras edicións do programa apreciouse que o número de espectadores cada día ía aumentando, en total o ano pasado barállase un número aproximado de 7000 espectadores nas 80 funcións do programa. Un total de 7000 espectadores repartidos por todas as comarcas”.
As bases para esta nova edición de Buxiganga serán aprobadas mañá venres na Xunta de Goberno da Deputación de Lugo e proximamente serán publicadas no BOP. A partir da súa publicación tanto as compañías amadoras de teatro así como as asociacións e os concellos terán aberto o prazo de inscrición no Buxiganga, tendo un total de 15 días hábiles para formalizar a súa inscrición.
Unha vez inscritos e rematado ese período, abrirase outro prazo no que as asociacións e os concellos terán que poñerse en contacto cos grupos de teatro para solicitar as súas pezas teatrais e fixar un calendario de actuacións, que posteriormente será aprobado. Previsiblemente establecerase un calendario, con dúas quendas de actuacións: a primeira, do 26 de abril ao 20 de xullo, e a segunda do 6 de setembro ao 23 de novembro.
Neste sentido, Antonio Veiga animou “a todos os concellos e asociacións a que se inscriban no programa. Non pode ser que haxa concellos que unicamente tendo que pagar o 20 % das funcións, cantidade que como moito poden ser 170 €, queden sen teatro” e respecto ás asociacións lembrou que “calquera asociación cultural pode solicitar o programa, para deste xeito beneficiar aos seus veciños e veciñas da festa que é Buxiganga alá onde vaia. O único requisito é ter un espazo máis ou menos axeitado para a representación, e incluso de non ser así podemos buscar alternativas. Máis doado non pode ser. Buxiganga arrinca motores”.





















Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



