Lugo, 14 de marzo de 2014. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo a través da área de Benestar Social, oferta, un ano máis, un programa de actividade física moderada dirixido a colectivos de distinta índole afincados en concellos do rural lucense, o que en anteriores edicións se desenvolveu baixo o nome de Todos a xogar ou Tempos. Un servizo co que, segundo explicou Veiga, “cubrimos unha demanda existente por parte das asociacións dos concellos da provincia: achegar a todas as parroquias do rural servizos dos que unha persoa que vive na cidade ou nunha vila grande dispón”.
O programa de deporte no ámbito rural que desenvolve a institución provincial está dirixido a colectivos culturais, veciñais, de mulleres pertencentes a concellos de menos de 5.000 habitantes, e especialmente a aquelas asociacións que traballan con persoas con capacidades diferentes ou en risco de exclusión social, co gallo de mellorar as súas capacidades motrices e cognitivas e fomentar as relacións sociais. No caso destas últimas, que terán prioridade se a demanda excedese a oferta da Deputación, poderán optar a este servizo independentemente do número habitantes do concello ao que pertenzan.
Como en anos anteriores, este servizo dará cobertura como mínimo a 90 asociacións de toda a provincia, ás que levarán 11.600 horas de actividade física moderada, que se repartirán en varios períodos de tempo: do 1 de maio ao 15 de xuño, e do 15 de setembro ao 21 de decembro, en 2014, para os que se destina un orzamento de 90.720 euros; e do 12 de xaneiro ao 14 de xuño de 2015, para o que se dispón dunha partida de 95.040 euros.
Durante a súa intervención, Veiga explicou que “a posta en marcha deste servizo é a expresión das principais liñas de traballo da Vicepresidencia da Deputación durante estes últimos anos, nos que tentamos que todo o noso traballo vaia dirixido a mellorar o benestar dos colectivos en risco de exclusión, para os que outras administracións, nomeadamente a Xunta de Galiza, seguen a reducir o seu apoio económico”.
“Nós cremos – continuou o vicepresidente- que a provincia de Lugo ten que ter un trato discriminatorio favorable para compensar as desvantaxes que sofre fronte a outras partes do país. Neste traballo está a Deputación batallando en solitario fronte á incompetencia e esquecemento ao que nos ten sometidos o goberno de Núñez Feijóo, que lle afasta cada vez máis os servizos á zona rural”.
Todos os cursos estarán impartidos por persoas expertas na materia, profesionais entre os que haberá como mínimo un traballador social, un psicólogo e un educador social. Os monitores que impartan a propia actividade física contarán como mínimo bacharelato ou o grao superior en animación de actividades físicas e deportivas. Asemade, todas as persoas que se contraten para este servizo disporán do Celga 4 ou equivalente, proba do compromiso da Vicepresidencia da Deputación coa lingua galega.
A finais do mes de marzo e unha vez adxudicado o servizo comunicaráselle aos distintos colectivos os prazos de presentación de solicitudes, para que o programa poida comezar a desenvolverse con normalidade a partires do 1 de maio do presente ano.


























O acto inaugural terá lugar no exterior da Casa do Concello ás 12.00 horas. O primeiro espectáculo será a proposta itinerante ‘Animacreques’ da Compañía Catropés. A xornada completarase coa representación ás 13:00 horas na Praza da Pulida de ‘Historias para escagharriñarse’, da Compañía Teatro Ghazafelhos. Posteriormente, ás 21:00 horas e no mesmo escenario, a Compañía Colectivo Glovo representará ‘Tríade e Alleo’.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 



