LUGO .- O responsable da Área de Cultura e Deportes da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, asistiu á asemblea veciñal na que se decidiu o futuro da Escola Habanera de San Miguel. A área de cultura realizará un investimento de 100.000 euros para a recuperación integral da Escola de Indianos de San Miguel. Os veciños e veciñas reuníronse esta tarde en asemblea para decidir a distribución e utilización dos locais que servirán de orientación para que os servizos técnicos da Deputación de Lugo, redacten o proxecto de rehabilitación do edificio indiano. A consignación de 100.000 euros nos orzamentos do ano 2009 confirman o compromiso adquirido polo deputado- delegado, o nacionalista, Antonio Veiga cos veciños e as veciñas de San Miguel a través da súa asociación de veciños. Segundo Veiga a Área de Cultura da Deputación considera de gran valor o traballo realizado polos veciños polo que se comprometeu xa coa redacción do proxecto de rehabilitación integral deste singular e magnifico edificio indiano que conlevara unha actuación en varias fases e anualidades.
A Deputación achegará 100.000 euros para arranxar a antiga escola de San Miguel
A Deputación achegará 100.000 euros para arranxar a antiga escola de San Miguel
Relacionado
-
Ana Miranda en Mondoñedo: “Para que o agro galego teña voz directa en Europa é indispensable que o BNG estea na Eurocámara”
-
O Alcalde de Ribadeo xestionou numerosas melloras para as parroquias na entrevista que mantivo coa nova conselleira de Medio Rural.
-
Muras prepara unha nova edición Romaxe Artesá da Chaira, que se celebrará o vindeiro 25 de maio