Cervo, 28 de maio de 2014- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares e técnicos municipais reuníronse cos propietarios dos terreos afectados pola última fase da rede de saneamento de Trasbar co obxectivo de consensuar con eles o proxecto así como solicitar os permisos necesarios para acometer as obras. Unha xuntanza na que todos os asistentes amosaron a súa conformidade.
O rexedor e os técnicos expuxéronlles aos veciños os detalles do proxecto, que consiste en instalar 970 metros de canalizacións para a recollida de augas residuais na zona de Casal de Faido. Trátase da cuarta fase do saneamento de Trasbar, que se tivo que executar por partes debido á extensión do burgo e á dispersión dos núcleos. Hai que dicir que nestes momentos estase rematando coa terceira fase, que incluía a colocación de 820 metros de colectores na zona de Curral Grande.
Da mesma maneira, o Concello anuncia que coa execución da última fase Trasbar terá este ano unha rede completa, que en total estará formada por unha depuradora e máis de 3 quilómetros de canalizacións de saneamento. O edil de Zona Rural, José Ramón Soto, asegura que “para nós estas obras son moi importantes xa que, aínda que non se ven, están relacionados coa mellora da calidade de vida de moitos veciños”.
En canto ao trazado da cuarta fase, o Concello quixo evitar na medida do posible que se visen afectadas propiedades e estradas da Deputación xa que “cada vez que pisamos solo provincial póñennos dificultades e problemas” asegura Soto. O edil lembra o caso da multa de 20.000 euros imposta pola Deputación ou as taxas por importe de 3.200 euros que lle reclamou ao Concello polo saneamento de Trasbar.
Ao mesmo tempo, explica que ao remate das catro fases, o Concello terá investido uns 90.000 euros, é dicir, máis da metade do orzamento, de 168.000 euros, e o Goberno do Estado uns 27.000 euros, mentres a Deputación ten achegado só uns 51.000 euros dentro do Plan de Obras e Servizos, o POS, un plan que ten activo con todos os concellos da provincia.





















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



