BURELA (FNC) .- Burela será protagonista do programa Os Larpeiros da Televisión de Galicia. Un dos seus equipos trasládase esta semana á vila para realizar grabacións no barco museo Reina del Carmen. O edil de Industria, Comercio e Turismo, José González Legazpi, sinala que “as xentes de Burela e a súa gastronomía serán centro de atención dun espazo visual amplo e relevante coa preparación do bonito do norte”. O concelleiro nacionalista sinala que “a grabación será unha recreación de cómo se desenvolven as tarefas para a captura do bonito, os medios que se empregan e o modo de vida a bordo. Por tanto serán escenario da grabación os distintos compartimentos do barco, os aparellos e demáis elementos, para logo coñecidas xá as condicións de captura, ter continuidade coa elaboración gastronómica do mesmo”.
González Legazpi engade que “despois elaborarase conforme ás condicións do guión, un prato de bonito do norte en marmitako, considerando que o túnido sae da propia nevera do barco museo, para dende aí dar continuidade á preparación do mesmo”. O concelleiro de Turismo considera que “será por tanto un recoñecemento máis a canto representa o bonito dentro da nosa historia, a propia Feira do Bonito que este ano celebra xa o seu XXV aniversario, ao esforzo colectivo sen dubida de moitas persoas, e tamén ás políticas activas que se veñen desenvolvendo dende a Delegación de Industria, Comercio e Turismo do Concello de Burela para promover condicións que garantan afianzamento e desenvolvemento”





















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



