Novo éxito deportivo das Escolas Deportivas no Cto. Galego de Atletismo disputado o pasado sábado en Vigo para categorías benxamín, alevín e infantil; nunha cita caracterizada por un alto nivel onde caeron varios récords galegos.
– Ana Vallines, campioa galega en 2000 alevín feminino
– Ainara Rguez, campioa galega en 1000 alevín feminino
– Aleix Diaz, dobre medallista galego: subcampión en 500 e bronce en 60 alevín masculino
– Alexandre Santiago, subcampión galego de 1000 alevín masculino.
Benxamín Feminino
– Aldara Fernandez (11ª en altura – 0,85)
– Carmen García (8ª en altura – 0,90 e 16ª en 1000 – 4,34)
– Valeria Álvarez (5ª en altura – 0,95 e 6ª en 1000 – 4,08,38)
– Diana Lastra (14ª en 500 – 1,54,60). Jimena Otero (9ª en peso – 4,00).
Benxamín Masculino
– Fernando Vallines (5º en peso – 6,13 e 13º en lonxitude – 2,88)
Alevín Feminino
– Ainara Rguez campioa galega en 1.000 con 3,26,34 e 8ª en 60 m con 9,20.
-Ana Vallines campioa galega en 2.000 con mellor marca persoal do ano con 7,23,57.
-Mencía Martínez-Sierra (8ª en peso con 7,15) e María Vallines (12ª en peso con 6,11).
Alevín Masculino
-Aleix Díaz, subcampión galego en 500 con mellor marca persoal con 1,32,28; e medalla de bronce en 60 lisos con mellor marca persoal con 9,04.
-Alexandre Santiago, subcampión galego en 1.000 con mellor marca pesoal con 3,16,66.
-Hugo Villalba (5º en 2000 con mmp – 7,40,27).
– Nicolás Álvarez (7º en 2000 con 7,47,53 e 9º en altura con 1,05)
Infantil Masculino
– Bruno Santos, (4º en martelo con 18,86)
Infantil Feminino
– Lidia Barreira, (4ª en triple con 9,28 e 6ª en altura con 1,30 m).
– Claudia Graña (13ª en 1.000 m cun tempo de 3,52,23).
A vindeira cita será o sábado 14 de xuño en Santiago de Compostela, onde as escolas estarán no Cto. Galego por Equipos coas escadras benxamín masculina e feminina así como nas categorías alevín feminino e masculino.























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
