O sábado desenvolverase na Casa Museo Manuel María e na carballeira de Santa Isabel de Outeiro de Rei o “Convívio da Cultura Galega”, unha festa de confraternización arredor de diferentes actividades culturais e de lecer. A música, o teatro, a proxección de audiovisuais, contacontos e a visita á propia Casa Museo ocuparán unha xornada para todos os públicos.
O comezo está previsto para as 10:45 na praza do concello de Outeiro, onde as Bandas de Rábade-Begonte e Solfa de Santiago recibirán a todos os asistentes con dúas pezas conxuntas (máis de 50 instrumentistas). Xa no auditorio da Casa Museo desenvolveranse diferentes actividades, simultaneamente ás visitas por grupos á propia Casa. A xornada contempla,
ademais, unha ofrenda a Manuel María no cemiterio de Outeiro onde descansan os seus restos.
Na paraxe natural da carballeira de Santa Isabel, ao pé do río Miño, actuarán as Bandas de música de Solfa (Santiago) e Rábade-Begonte, ademais do Coro de Solfa, para logo dar paso un xantar demorado con tempo para cantar, bailar e conversar e no que cada quen levará a súa comida. Non faltará a sesión de contacontos para nenos/as a cargo de “Fabaloba”, e o paseo e a festa espontánea para o resto.
A xornada pecharase co concerto de “Pepe Vaamonde Grupo” ás 18:45 horas. Esta banda, con 12 anos de historia, é un referente na música folk galega, recoñecida pola forza do seu directo a orixinalidade das súas composicións. O concerto do día 12 en Outeiro será como un “anticipo” do
que o grupo dará o día 17 no Festival de Ortigueira. Neste concerto tan especial farán un repaso dos temas máis coñecidos dos seus tres traballos discográficos publicados: “Aviouga”, “Onde nace o vento” e “Introterra”, ademais de facer un anticipo do que vai ser o seu novo disco que fará referencia ao “Lume”, pechando así a tetraloxía adicada aos catro elementos naturais que antigamente se consideraban como a orixe de todas as cousas: aire, terra, auga e lume.





















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



