Cervo, 28 de xullo de 2014- O Concello de Cervo e o Centro de Iniciativas Turísticas presentaron este luns o programa do XXXIII Día do Turista que se celebra en San Cibrao este sábado durante todo o día, con actividades para todos os públicos da mañá á noite. A edil de Turismo, Begoña Alonso e a presidenta do CIT, María Jesús Álvarez, deron a coñecer os actos previstos, que comezarán ás 10 h. co chupinazo que anuncia o inicio da festa.
A partir das 10:30 h. a música do grupo de gaitas “Os Farallóns” encherá as rúas da vila e ás 11 h. comezará a actividade na praza dos Campos co cuarto mercado de obxectos de segunda man e artesanía. Pola tarde ofrecerase un taller de artesanía de vimbio (17:30 h.) e media hora despois comezará a degustación de bolos preñados e empanada.
Ademais, ofrecerase unha actividade dirixida especialmente ao público infantil, como é o espectáculo e taller de circo, que comezará ás 19 h. Como todos os anos tamén se celebrará o Antroido de verán, que organiza a ACIA de San Cibrao, a partir das 21 h. A entrega de premios está prevista para as 00:00 h. e estará amenizada con música.
A edil de Turismo valora moi positivamente esta celebración “que tiene una larga tradición en San Ciprián como pueblo turístico” e agradeceu ao CIT “su gran trabajo por mantenerla viva”. “Desde hace más de 30 años por estas fechas damos la bienvenida a los turistas y les ofrecemos una jornada cargada de opciones lúdicas para disfrutar de San Ciprián”.
Alonso asegura que o Concello de Cervo colabora con esta festa polo seu carácter “abierto y participativo, y que busca la implicación de todos los que ese día se encuentren en San Ciprián, ya sean vecinos, visitantes o turistas” sen esquecer “su gran capacidad para dinamizar la economía local”.





















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.



