Xoves, 7 de agosto de 2014.- A Directiva da Asociación Fraga das Saímas ven de organizar este sábado, 2 de agosto, a VIª Edición da Sardiñada do Candaoso con motivo da celebración do Día da Socia-2014.
O colectivo Fraga das Saímas elixiu por sexto ano consecutivo a explanada do curro do Candaoso como o lugar ideal para gozar dunha xornada de convivencia cos seus familiares e amigos.
A preparación da rica sardiñada con cachelos, acompañada de lacón asado, empanadas e chourizos correu a cargo das membros da Directiva acompañadas das súas inestimables e voluntariosas/os socias e amigos que comezaron a preparar esta xornada gastronómica a partires das 12.00 horas. Este gran equipo de voluntarios (Paco, ao fronte das barbacoas, Carmiña, Merche, Inés, Gelines, Suso, Camilo, Salva, Josefina, Fina…) fixo posible que un ano máis a Sardiñada do Candaoso fora un éxito e que o cento de socias, familiares e convidados asistentes á celebración do Día da Socia da Fraga das Saímas gozaran degustando un suculento xantar en compañía dos seus achegadados e veciños.
Mentras os voluntarios preparaban todo para recibir aos máis de cen invitados, o grupo de gaitas de Nova Semente, tocaron un amplo abano pezas musicais tradicionais ao tempo que ían chegando as socias e amigos. Os asistentes disfrutaron da actuación do grupo viveirense ao longo de dúas horas.
Logo do xantar os convidados tiveron ocasión de ver o espectáculo circense da compañía pontevedresa Asacocirco que durante unha hora fixo as delicias dos máis pequenos e non tan pequenos con sorprendentes malabares e o seu espectáculo “Casal en Risco”.
Rematado este espectáculo a Directiva convidou aos asistentes a participar nos xogos de mesa e na búsqueda dun tesouro, onde o equipo gañador de Inés Martínez obtivo como premio a participación no roteiro cultural “Turisteando por Terras Lucenses” proxectado polo colectivo “Fraga das Saímas” para o mes de setembro.
Pasadas as 20.30 h. da tarde as socias e convidados comezaron a retirarse, non sen antes anotarse xa máis de 28 persoas para participar no roteiro cultural “Turisteando por Terras Lucenses”.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



