Santiago, 22 de agosto de 2014.- O voceiro de Montes do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro, vén de rexistrar unha batería de iniciativas dirixidas a coñecer máis polo miúdo o protocolo de actuación específica que está a desenvolver a Xunta de Galicia fronte a que se coñece como avespa velutina ou asiática.
O parlamentario popular sinala que este insecto, catalogado como especie invasora desde a súa chegada a Europa, entorno ao ano 2004, está a propagarse nos últimos anos por distintos puntos da xeografía galega, en especial por zonas da Mariña lucense e das Rías Baixas.
A iniciativa popular ten por obxecto coñecer as actuacións e medidas dirixidas a evitar a súa propagación e reducir o impacto que poida ter no medio ambiente e nos ataques ás abellas produtoras de mel que constitúen un elemento esencial da súa dieta
Balseiro faise eco das inquedanzas dos apicultores cando alertan de que un grupo destas avespas pode acabar, en pouco tempo, con gran parte dunha colmea de abellas e minguar a súa produtividade, e interésase polas medidas específicas postas en marcha pola Xunta e dirixidas a evitar estes efectos perniciosos.
CONTINUAR CON MEDIDAS PREVENTIVAS E INFORMATIVAS
Balseiro animou á administración a continuar a seguir promovendo todo tipo de medidas que contribúan á información e divulgación das medidas preventivas e defensivas para os produtores de mel e outros profesionais do sector, así como ao reparto de trampas e outros elementos de captura e á erradicación dos niños atopados.
O deputado popular salienta, non obstante como elemento de tranquilidade, ás manifestacións efectuadas desde o Goberno galego cando sinalan que, desde o punto de vista sanitario todo apunta a que pese a ser coñecidas como avespas asasinas, non teñen efectos nocivos para a saúde pública, máis aló dos que poden provocar as avespas comúns.



















Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



