Santiago, 23 de agosto de 2014.- O voceiro de Montes do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro, vén de rexistrar unha batería de iniciativas dirixidas a coñecer máis polo miúdo o protocolo de actuación específica que está a desenvolver a Xunta de Galicia fronte a que se coñece como avespa velutina ou asiática.
O parlamentario popular sinala que este insecto, catalogado como especie invasora desde a súa chegada a Europa, entorno ao ano 2004, está a propagarse nos últimos anos por distintos puntos da xeografía galega, en especial por zonas da Mariña lucense e das Rías Baixas.
A iniciativa popular ten por obxecto coñecer as actuacións e medidas dirixidas a evitar a súa propagación e reducir o impacto que poida ter no medio ambiente e nos ataques ás abellas produtoras de mel que constitúen un elemento esencial da súa dieta.
Balseiro faise eco das inquedanzas dos apicultores cando alertan de que un grupo destas avespas pode acabar, en pouco tempo, con gran parte dunha colmea de abellas e minguar a súa produtividade, e interésase polas medidas específicas postas en marcha pola Xunta e dirixidas a evitar estes efectos perniciosos.
CONTINUAR CON MEDIDAS PREVENTIVAS E INFORMATIVAS
Balseiro animou á administración a continuar a seguir promovendo todo tipo de medidas que contribúan á información e divulgación das medidas preventivas e defensivas para os produtores de mel e outros profesionais do sector, así como ao reparto de trampas e outros elementos de captura e á erradicación dos niños atopados.
O deputado popular salienta, non obstante como elemento de tranquilidade, ás manifestacións efectuadas desde o Goberno galego cando sinalan que, desde o punto de vista sanitario todo apunta a que pese a ser coñecidas como avespas asasinas, non teñen efectos nocivos para a saúde pública, máis aló dos que poden provocar as avespas comúns.



















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



