CADERNOS DA VIAXE. Algúns lectores fixéronme chegar as súas achegas a respecto do artigo da semana pasada sobre a Marca-Galicia. E unha delas, dunha cidadá da Mariña luguesa, resume aqueladamente o sentido xeral destas: “Xoán, está ben facermos unha Marca-País, pero eche ben máis importante termos un Relato de País”.
E si, á sociedade galega cúmprelle un relato para respostar as preguntas “quen somos?” e “onde imos?” de xeito que unha ampla maioría da cidadanía galega poida reflectirse nel. E teño para mín que un tal relato habería pensar máis en ofrecer propostas en positivo ca resistencialismos ou definicións “en contra”. Tamén por proxectar os nosos valores de modernidade e os nosos campións científicos, empresariais e tecnolóxicos. Galicia é o País onde remata o camiño, principal itinerario cultural europeo. É o País dos cientificos Angel Carracedo e Jorge Mira, dos deportistas Raña, Gómez Noya ou Verónica Boquete. E de Inditex, coas súas luces e, tamén, coas súas sombras.
Este relato habería ser inclusivo: Galicia é plural e un tal relato habería integrar e interpretar esta pluralidade. O que esixe unha grande cordialidade e apertura a respecto de España e dos demáis países europeos e iberoamericanos. Mais tamén por copiar dos modelos que interesan. E eses non pasan hoxe, de certo, por ollar cara Madrid, senón por aprender democracia directa e participación cidadá dos suizos e californianos, de explotacións forestais dos suecos, de fomentar as exportacións dos vascos, de ordenar o territorio e potenciar o turismo dos escoceses ou de explotar os portos de flamengos e holandeses.
Este relato habería apostar pola cohesión social. A educación e sanidade públicas e os servizos sociais de calidade son conquistas que definen un modelo de sociedade orientada á convivencia e ao equilibrio.Un tal relato habería apostar polo equilibrio e declarar á exclusión social como o maior inimigo público.
Este relato apostaría, en fin, por unha Galicia con vocación de concorrencia no mundo con voz propia, como país de noso e non como provincia ou rexión. O que obrigaría a definir os instrumentos políticos de integración do País na Unión Europea e no Estado, como mínimo dende esquemas de soberanía partillada. Esixíndoos dende a firmeza máis cordial.
Xoán Antón Pérez-Lema



















A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.



