Foz, 1 de setembro de 2014. En nome dos catro concellos que participan no obradoiro de emprego Pardo de Cela (o de Foz, como coordinador, e os de Mondoñedo, Alfoz e O Valadouro), o alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, explicou que “ten dous módulos: un deles vai traballar nos concellos de O Valadouro e Alfoz, mentres que o outro está nos concellos de Mondoñedo e Foz. En total son 20 persoas, 10 en cada módulo, e ademais dous monitores, un administrativo e un director, que xa están traballando dende o pasado venres”.
O rexedor municipal de Foz engadiu que “hai unha boa labor de coordinación entre os catro concellos; estamos contentos de que, de forma totalmente equilibrada, poida haber 5 veciños de cada concello que poidan dispor desa formación nun obradoiro de emprego. Estamos esperando a que inicien xa a súa actividade nos ríos que compartimos, que son moitos, entre os catro concellos e tamén en zonas recreativas, xa que vai servir para ter rozados eses lugares”.
Para Javier Castiñeira é “un bo obradoiro”, polo que “agradecemos á Consellería de Traballo que nos concedese o obradoiro Pardo de Cela, que en certo modo é o personaxe que nos une aos catro concellos e quixemos facerlle esta homenaxe poñéndolle este nome. Moitas grazas e moita sorte a todos os alumnos e aos monitores nestes próximos seis meses”.






















O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



