CERVO .- O Concello de Cervo rexistrará no día de mañá unha alegación contra o trazado proposto polo Goberno central para a autovía entre San Cibrao e Barreiros. O Goberno municipal presentou un trazado alternativo que nace froito das consultas realizadas aos veciños da localidade e diversas asociacións e que ten por obxecto, tal e como se explicou en datas pasadas, evitar os efectos perversos do percorrido actual que partiría en dous a parroquia de San Román. A proposta do Executivo cervense emprazaría a futura autovía entre os límites desta parroquia e a de Rúa, nun área libre de vivendas habitadas.
ALEGACIÓN MUNICIPAL: A SUMA DE TODOS
Segundo o Goberno municipal a proposta incluída na alegación do Concello de Cervo é moito máis favorable que a incluída no estudo do Goberno central e por iso, “esperemos sexa atendida convenientemente por parte do Ministerio de Fomento”. Ademais da alegación xenérica que rexistra o Goberno municipal existen múltiples alegacións de particulares, que veñen a coincidir coa elaborada polo Concello, pois nace do consenso e da análise realizada xunto con estes particulares e os técnicos municipais. Ademais o Goberno municipal elevará para a súa aprobación no pleno a proposta consensuada cos veciños e espera sumar, nese momento, o apoio explícito de todas as forzas políticas “que deben defender e antepoñer, ante calquera outra circunstancia, o interese dos veciños”
CERVO CHAMA A BUSCAR UNHA ALTERNATIVA DE CONSENSO
Por outra banda o Goberno municipal de Cervo explicou que non está de acordo coa alegación rexistrada polo veciño municipio de Burela xa que, coa súa proposta alternativa de trazado, se vería afectado negativamente ademais dos núcleos de poboación que xa o están na actualidade, outro máis, o núcleo coñecido como O Eixo en San Román.
Desde Cervo lamentan que o Concello de Burela non tiña consultado con anterioridade a súa proposta de trazado alternativo, sobre todo tendo en conta que repercutía dun xeito evidente no noso termo municipal. Nesa liña lembra que xa o pasado venres o Alcalde de Cervo, Alfonso Villares contactou co seu homólogo o primeiro edíl de Burela, Alfredo Llano, para indicarlle que non aceptarían este trazado alternativo proposto desde Burela e emprazoulle a reunirse para estudar unha solución distinta.
Desde o Concello de Cervo subliñan que non teñen intención de polemizar respecto desta cuestión e que realizan esta crítica dun xeito construtivo “De feito o trazado que o Concello de Cervo propuxo, resultaría favorable tanto para Cervo, como para Burela e Foz.”. Nesa liña xa adiantaron que o Alfonso Villares ten solicitada unha xuntanza cos rexedores de Burela e Foz para que todos traballemos na mesma dirección, e sexamos capaces de elaborar unha alternativa de consenso.
¿A QUEN DEFENDE O BNG?
Por outra banda desde o Executivo cervense non logran comprender as críticas recibidas polo único concelleiro do BNG local xa que esta formación política sempre viu a remolque do traballo que viña realizando o Goberno municipal. De feito agora reclaman algo que xa anunciou nas pasadas datas o Alcalde, Alfonso Villares, isto é, que o Concello de Cervo asumirá como propias e, polo tanto, reforzará co seu apoio, cada unha das alegacións rexistradas polos particulares.
Os edís do Executivo cervense creen que Juan Antonio Éstua tan só fixo “o paripé” cando se reuniu cos veciños “para non clarexar nada, para non propoñer nada. Probablemente porque non lle interesaba ser claro, e contradicir deste xeito as consignas dadas polo BNG noutros concellos limítrofes”. Polo contra o Goberno municipal defenderá sempre o que sexa o mellor para os veciños, que son o importante, sen aplicar ningún criterio partidista distinto da defensa do interese xeral.” Neste senso subliñan que, a única proposta alternativa para o trazado da futura autovía é a que nace do consenso entre o Concello e os veciños interesados en realizar as alegacións. “Mentres que nos acudimos ás xuntanzas para explicar e asesorar aos veciños xunto cos técnicos municipais, eles –polo BNG- limitáronse a ensinar os planos e falar de hipóteses xenéricas como si foran enxeñeiros ou aparelladores sen título, suplantando polo tanto a función dos técnicos e expertos”





















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocou o luns a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.



