Nestes tempos en que a noticia diarias son os Cancios, as venganzas de Cesar Aja denunciando a todo aquel que cheire a esquerda e olvidadose de mais de vinte anos de chanchullos, cazicadas, e outras hervas , boto de menos políticos espontáneos, orixinais, con selo persoal (con carisma, si queren chamalo así). Non me gustan todos estes que parecen meros altofalantes de argumentarios que fixeron outros, que falan todos coa mesma entonación e que son perfectamente intercambiables. Gústanme os líderes, non as xentes “de partido”, que son meras correas de transmisión. Que se note que o partido diríxeno eles e que marcan tendencia nel, non como agora, que parecen estar ás ordes de escuros axentes que ninguén coñece ben. Quero pensar que os actuais dirixentes o son de verdade, pero non o parece, e que o pareza é algo importante.
Non creo demasiado no asembleario, non polo menos como lugar de toma de decisións directas. Tampouco creo no ordeno e mando dun dirixente tiránico que se fixo co poder con malas artes. Si seica, a asemblea é o lugar de surximiento e ratificación dun líder, que ha de ver as súas opcións afirmadas polo grupo, e que ha de poder darlle de lado e permitir que xurdan outros.
No plano estético, boto en falta políticos alegres, riseiros, xoviales (campechanos?, non o teño tan claro), que ata cheguen a poder facerme rir nun momento dado. Móstranse anquilosados, encorsetados polos seus cálculos e temores, ríxidos no seu non saírse do guión que lles escribiron. Nin sequera os que van de rompedores lograron romper este esquema, polo que uno dúbida moito deles.
E entre dimisions de socialistas e risas dos do PP en Foz, dinnos que hai que ter actitude positiva, que con ela ponse a primeira pedra para saír do furado ou ben non afundirnos tanto. É posible que así sexa, e desde logo non hai que deixarse levar polo derrotismo. Pero algúns representantes desa actitude positiva ás veces adoecen dun entusiasmo esaxerado e ridículo que parece tamén abocar ao desastre. Así que, como dicían os antigos: “nada en demasía”, nin moi pesimistas, nin demasiado optimistas.
Otero Regal.






















Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.



