A Mariña, 29 de outubro de 2014.- O colectivo de emigrantes retornados da Mariña volveu decepcionado e indignado coa actitude do Partido Popular que negou cos seus votos a iniciativa do BNG de modificar a lei 35/2006 do IRPF para evitar a discriminación existente entre pensionistas que perciben unha o varias pagas como sucede coa totalidade dos emigrantes retornados. O colectivo acusa aos deputados mariñaos do PP, Vidal Martínez Sierra e José Manuel Balseiro de traizón e complicidade necesaria con quen nos rouba, estes dous señores votaron a favor nos seus concellos das nosas demandas pero chegan o parlamento e prefiren conservar as súas cómodas cadeiras a mollarse polos seus veciños e veciñas.
O colectivo lembrou que a iniciativa debatida hoxe no Parlamento Galego presentada polo BNG, “é o principal obxectivo dos emigrantes retornados”, “era por tanto nosa e non só do BNG, polo que o PP hoxe volveu darnos as costas e nós deberemos facer o mesmo cando se presente a ocasión nas próximas eleccións”. Critican que a Facenda española está facendo caixa á conta nosa, mais tamén das moitas persoas que por desgraza hoxe non teñen un emprego estábel, “cos mesmos ingresos anuais – superiores a 11.200 euros e inferiores a 22.000 – a presión fiscal é moi inferior para quen ten un único pagador que para quen ten varios, aínda que un deles sexa un subsidio por desemprego”.
Na mesma semana en que persoas tan relevantes dentro desta organización como Rodrigo Rato, Acebes ou Granados; na mesma semana en que se denuncian tramas de corrupción con altos cargos do partido en Galiza implicadas no Caso Zeta. Causa indignación e carraxe que un partido político como o PP implicado nestes e noutros escándalos, sexa ao mesmo tempo insensíbel con mais 200.000 traballadores e traballadoras que tivemos que marchar na busca de oportunidades fora da nosa terra.
O colectivo cargou contra os dous deputados do PP de procedencia mariñá, José Manuel Balseiro e Vidal Martínez Sierra, que aproban nos seus concellos iniciativas de apoio ás nosas demandas mais cando chega a hora de posicionarse con claridade naquel foro do que dependen os seus salarios e cadeiras de poder dannos as costas para vir dentro duns meses pedir o noso voto, que temos claro non van recibir.
Desde Emigrantes retornados da Mariña agradecen ao BNG o seu apoio demostrado desde que se iniciou este problema fai un ano e en concreto as múltiples iniciativas tanto no Congreso dos Deputados como no Parlamento Galego, e en concreto nesta proposición de lei que avanzaba en ofrecer unha solución definitiva aos nosos problemas.
O colectivo anuncia que todas as plataformas comarcais, incluída a mariñá, concentraranse o próximo martes 4 de novembro diante das delegacións comarcais de facenda. “Incrementaremos a presión social porque non estamos en disposición de soportar o asalto ás nosas pequenas pensións, nin a insensibilidade e o desprezo co que nos está tratando o Sr. Feijoo e o seu partido.




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



