Burela, 5 de novembro de 2014. A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da, Rede CeMIT, acollerá un novo curso de informática impartido polo Concello de Burela durante este mes de novembro.
“Identidade dixital e administración electrónica” levaranse a cabo por videoconferencia e permitiranlle ós alumnos desenrolar novas competencias dixitais no coñecemento e o uso da identidade dixital e dos servizos telemáticos da administración electrónica.
As actividades terán lugar na Aula CeMIT de Burela, dende 12 ata o 25 de novembro, en horario de 10:00 a 14:00 horas. O prazo para matricularse remata o vindeiro martes, día 11. Os interesados poden realizar xa as súas inscricións ou solicitar máis información na propia Aula CeMIT, situada na Casa da Xuventude de Burela, no enderezo electrónico cemit.burela@xunta.es ou na páxina web https://cemit.xunta.es/.
Dende a Delegación de Educación de Burela recordan aos usuarios habituais da Aula CeMIT que durante estes días poderán seguir a facer un uso libre dos equipos e de internet en horario de 09.00 a 10.00 horas.