Cervo, 17 de novembro de 2014- A edil de Facenda, Yolanda Pedreira, lamentou este luns que o BNG de Cervo “presentase as alegacións aos orzamentos de 2015 cando o prazo xa estaba pechado”. Pedreira explica que a oposición tivo 15 días hábiles para rexistrar as súas alegacións “pero o señor Estúa estaría moi ocupado asesorando na Deputación e preocupado por outros concellos da provincia”.
Para a edil, Estúa debería explicar aos veciños, e especialmente a aqueles que o votaron, “a que dedica o seu tempo como líder do BNG de Cervo” sen esquecer que “é un representante público liberado, que cobra 27.000 euros por dedicarse exclusivamente á política e, aínda así, chega tarde cando se trata de presentar alegacións a un documento tan importante como os presupostos do seu concello”.
Pedreira cuestiona “as prioridades do portavoz de Cervo, que parece moito máis interesado en traballar para o BNG na Deputación que para os cervenses”. “Quizais tivo moito traballo asesorando para que Monterroso tivese un campo de fútbol de herba artificial e pasou por alto os asuntos de Cervo”.
“É unha pena que os veciños teñan que ver como Estúa se pon en evidencia demostrando un nulo interese polos temas municipais”, dando a ver coa súa actitude que “ou ben non sabe como funciona a administración, ou si o sabe pero non lle preocupa chegar tarde”.


















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



