Foz, 27 de novembro de 2014. O Concello de Foz está levando a cabo obras de mellora en estradas municipais e tamén nas marquesiñas do transporte escolar en varias parroquias.
O primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Medio Rural, Pedro Fernández Manín, explicou este xoves que “unha vez acabadas as obras do POS no camiño de Mansín, que une os barrios de Marzán e Vilaxoane, continuouse coas actuacións do Plan de Obras e Servizos 2014 na parroquia de Cangas, concretamente na subida a Ribela, e dende Nois á zona de Lousada, na parroquia de Fazouro. Son obras que xa levaban tempo programadas para facelas, pero era imposible levalas a cabo antes porque as empresas de madeira seguían traballando nestas estradas; ese foi o motivo de esperar ata agora. Concretamente onte revisamos os accesos a Ribela e a Nois, que quedan perfectamente: ademais de facer bacheo e dous regos, limpáronse as cunetas e desatascáronse todas as canalizacións destas estradas”.
Fernández Manín engadiu que estas obras “supoñen un gran desembolso para o Concello de Foz porque si ben o 50 por cento do POS achégao ao Deputación, que son 24.000 euros nas dúas obras, pero o Concello aporta máis do dobre, porque ademais dos proxectos houbo que facer máis obras nestas zonas”.
O concelleiro de Medio Rural en Foz comentou tamén que “por parte do Concello, con empregados municipais, estanse limpando cunetas, como se fixo na parroquia de Nois, concretamente dende o Alto de Trasmonte ata o apeadeiro, que levaban moito tempo sen limpar e os veciños estaban reclamándoo”.
Pedro Fernández deu a coñecer ademais que o Concello focense está facendo unha reestruturación das marquesiñas do transporte escolar, “facendo unha nova para a zona de Vilachá, onde hai unha gran cantidade de nenos, concretamente 22, que van ao colexio de Nois, polo que se necesitaba unha caseta máis grande. E a que había alí foi instalada na subida a Ribela e colocouse unha nova en Nois, que nos tiñan solicitado os veciños desa parroquia. Seguiremos arranxando as marquesiñas que temos e intentaremos facer algunha máis para os nenos, pois en diferentes puntos das parroquias cambian as necesidades neste sentido, porque antes non había e agora si hai nenos que van ao colexio”.
O primeiro tenente de alcalde rematou manifestando que “o Concello de Foz seguirá traballando sempre de acordo co que nos solicitan todos os veciños. Sabemos que hai outras estradas que están mal, pero a principio de ano continuaremos arranxando nelas, como faremos por exemplo en Santa Cilla, en Nois, en Cangas, …; en moitos sitios das distintas parroquias do concello”.





















A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



