Santiago, 3 de decembro de 2014.- O Parlamento de Galicia aprobou a iniciativa do Grupo Popular, cos votos en contra de PSOE, AGE e BNG, pola que se respalda o plan de xestión da sardiña proposto pola Comisión Sectorial do Cerco do Consello Galego de Pesca. O voceiro do Mar, Jose Manuel Balseiro, explicou que o acordo insta á Xunta a asumir como propia esta proposta do sector e convertela no documento de referencia nas negociacións que se desenvolverán nas vindeiras semanas co resto das comunidades autónomas, o Ministerio, Portugal e a Unión Europea.
Os populares foron moi críticos coa postura mantida polas forzas políticas da oposición, tras votar en contra desta iniciativa PSOE, BNG e AGE, “pese a que tiña por único obxecto outorgar un aval político e sumar forzas á hora de defender o modelo de xestión que elaboraron os propios profesionais da flota galega do cerco”.
MEDIDAS DE XESTIÓN IMPRESCINDIBLES
Balseiro indicou que apoiando esta iniciativa se podía demostrar se estaban a favor do sector ou na súa contra e, neste caso, a oposición decidiu desprezar as demandas do cerco e darlles as costas, unha actividade que reprochou especialmente aos socialistas que “sen rumbo, teñen decidido facer seguidismo do BNG e AGE”.
O voceiro do Mar lembrou que “a mala situación biolóxica na que se atopa o stock da sardiña ibérica obriga a tomar medidas que contribúan á recuperación desta especie, que se pesca en augas españolas e portugueses pola flota de ambos países”.
Balseiro lembra que, de non chegarse a un acordo bilateral entre España e Portugal sobre o plan de xestión, existía unha advertencia seria da Comisión Europea de establecer un Total Admisible de Capturas (TAC) comunitario para sardiña, que sería moito máis restritivo e especialmente prexudicial para a flota do cerco galega.
Os populares insisten en mudar a norma vixente e defender que o novo modelo de plan de xestión proposto polos profesionais do cerco para 2015 permitirá unha mellor defensa dos intereses da flota galega de cerco. “Por iso, non comprendemos como a oposición pode negarse a outorgar o seu apoio á que non deixa de ser a posición dos profesionais galegos neste debate”, indicou Balseiro.


















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



