Antonio J. Bouza Rodil, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Alcaldesa da Corporación as seguintes preguntas sobre as que desexa obter no próximo Pleno, a correspondiente resposta, ben sexa oral ou por escrito.
A mediados do mes de novembro, o noso grupo reuniuse coa Directiva do recién creado Celeiro Club del Mar de fútbol, que despois de varios anos ven de retomar esta práctica deportiva como clube para gozo e disfrute, entre outros, dos veciños de Celeiro.
Nesta reunión, este clube manifestábanos a súa preocupación polo pouco apoio recibido ata o momento polo equipo de goberno socialista.. O clube solicitou dende un principio, utilizar as instalacións de Lavandeiras, sin que a día de hoxe se lles teña dado unha resposta concreta sobre o que vai pasar con estas instalacións e o seu posible uso pola entidade deportiva. O propio club, ante o evidente estado de abandono no que se encontran, non so lle propuxeron o concello algunha solución, senón que mesmo se ofreceron para levar o seu mantemento.
Tampouco se lles permitiu usar o campo de fútbol de Galdo, ó obxecto de que o clube dispuxese duns mellores horarios dos que disfruta na actualidade. A día de hoxe, adestran e xogan no Cembedo, aínda que siguen esperando que se adecente un campo adxacente ó principal, o que sin dúbida contriburía a aliviar a saturación deste campo e mellora nos horarios.
Por outra banda, a colaboración económica, cifrada nuns 750 euros para cubrir os pagos dunhas fichas, tampouco chega, a diferencia do que si pasa con outros clubes do noso concello, que reciben cantidades bastante máis significativas.
Por estes motivos lle preguntamos ó equipo de goberno:
1. Cal é a razón pola que este Clube non pode utilizar, dun xeito regular as instalacións do campo de fútbol de Galdo para adestrar e xogar alí os seus partidos?
2. Cando teñen previsto arranxar o campo anexo ó principal do Cembedo, para poder mellorar os horarios e a capacidade dos adestramentos?
3. Cando teñen previsto o arranxo das instalacións de Lavandeiras para que este clube as poida utilizar?
4. Teñen previsto, dotar de vestiarios e vallar o campo de Lavandeiras para que ditas instalacións sirvan para a competición de fútbol?
5. Teñen previsto algún tipo de colaboración económica con este Clube?
E, por outra banda, realiza os seguintes rogos:
O pasado 20 de novembro a Alcadesa anunciaba en distintos medios de comunicación que o día anterior se reunirá cos técnicos e co Xefe Provincial de Costas, para facer unha valoración no tema da praia de Covas e o seu paseo marítimo. Como queira que o noso grupo promoveu e solicitou se fixese dita reunión, pedindo expresamente que acudirán á mesma os outros portavoces da Corporación, e polo que lle rogamos á Alcadesa:
1. Que se nos informe dos resultados ou propostas que saíron desta reunión co Xefe provincial e técnicos de Costas.
2. E que tal e como lle solicitábamos na nosa petición, que se convoque ós veciños afectados para comentarlles o resultado da citada reunión.


















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



