Esta fin de semana a hostalería de Burela celebra as xornadas gastronómicas “Ponte de Pulpo en Burela”, na que participan 16 locais ofrecendo diferentes minirracións elaboradas ó precio de 2 euros. Aproveitando parte da ponte festiva, as xornadas gastronómicas celébranse entre o venres 5 e o domingo 7 de decembro.
A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Burela organiza esta terceira edición da campaña “Ponte de Peixe en Burela”, que inclúe tres xornadas gastronómicas nas diferentes pontes festivas dos últimos meses do ano: outubro (bonito), novembro (merluza) e decembro (pulpo); e nas que colabora tamén Armadores de Burela ABSA.
En cada unha delas sortéase unha fin de semana para dúas persoas nun balneario entre todas as persoas que participen na campaña. Para iso cada persoa debe selar a súa tarxeta de participación en cinco locais das diferentes zonas nas que se divide o mapa de Burela.
A relación de locais e tapas de pulpo é a seguinte: A Casa da Avoa (Pulpovo), A Marquesa (Pulpo á Mugardesa), Bar Orxal (Pulpo guisado), Boasmigas (Pul-Dog), Casa Miranda (Polbo ao gusto), Cervecería Kiko (Pulpo en tempura con salsa chipirón), Hotel Galatea (Fabes con pulpo), Hotel Nordés (Tamboril de pulpo, pataca e ibérico), Hotel Restaurante Sargo (Pulpo á gallega), Mis en Plas (Chámalle X), O Traste (Trastada de pulpo con gulas), Os Remos (Pulpo ó ajillo), Palacio de Cristal (Pulpo á feira), Parrillada de Jandro (Piscolabis de pulpo), Rompeolas (Salpicón de pulpo) e Valle de Oro (Pulpo á feira).