Mondoñedo, 16 de decembro de 2014.- O vicepresidente e responsábel de Benestar e Deporte, o nacionalista Antonio Veiga, e o alcalde de Mondoñedo, Orlando González Cruz, presentaron esta mañá na Casa da Xuventude da cidade episcopal a xornada de convivencia ‘Mo-vémonos a… Mondoñedo’, que se levará a cabo no pavillón Viñas da Veiga da localidade mindoniense a tarde do vindeiro sábado, día 20 de decembro.
Veiga destacou que nesta actividade tomarán parte “unhas 250 persoas das máis de 500 que están inscritas neste programa na Mariña. En total estarán representadas 27 asociacións de toda a comarca”, subliñou. Asemade, concretou que destas 250 persoas, “unhas 50 serán xente con capacidades diferentes e o resto maiores”.
O vicepresidente comarcal recordou que o programa ‘Mo-vémonos’ naceu “co obxectivo de achegar a actividade física moderada a toda a poboación, e de maneira especial a colectivos de distinta índole que presentan características moi marcadas e unha oferta escasa neste ámbito concreto, así coma fomentar a interrelación persoal e social buscando propiciar un espazo para o encontro e a participación social”, afirmou.
Deste xeito, estas xornadas de convivencia entre as asociacións participantes “buscan combinar estes dous obxectivos, converténdose nun espazo de encontro social no que o movemento sirva de base á participación e integración dos participantes nun día distendido, festivo e lúdico”, apuntou.
Para conseguilo, Veiga recalcou que os participantes “non serán meros suxeitos receptores de información e non se sentarán simplemente a observar, senón que serán os auténticos protagonistas das actividades”, indicou. Para facelo posible habilitarase un espazo común onde practicarán diversas actividades físicas grupais (mobilidade articular, obradoiro baile, aeróbic, obradoiro xoguetes tradicionais, taichí), haberá unha monólogo do actor Avelino González (presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia e un dos protagonistas da serie ‘Padre Casares’), os participantes repoñerán formas saboreando uns petiscos amenizados con música e rematarán cun baile final.
Programa completo
A xornada arrancará ás 15 horas coa saída dende distintos puntos da comarca dos buses que recollerán aos participantes nos seus concellos de orixe e os transportarán ata o pavillón Viñas da Veiga. O custo destes autobuses está sufragado integramente pola área de Benestar e Deporte da Deputación.
Ás catro da tarde realizarase a recepción das asociacións e ás 16:30 horas darán comezo as actividades físicas grupais (mobilidade articular, baile latino, obradoiro de xoguetes tradicionais, taichí e aeróbic). Para as sete da tarde está programado o monólogo de Avelino González e ás 19:45 horas terá lugar o acto de clausura da xornada. Posteriormente, os participantes degustarán uns petiscos pa repoñer forzas amenizados por unha actuación musical e ás nove da tarde darase por pechada a xornada e os autobuses devolverán aos participantes ás súas respectivas localidades.
Neste programa participan preto de 2.000 persoas de toda a provincia
No programa ‘Mo-vémonos’, cuxas clases botaron a andar o pasado 15 de setembro e rematarán o 15 de xuño do vindeiro ano, participan preto de 2.000 persoas de toda a provincia de Lugo e supón unha nova aposta da Vicepresidencia Primeira da Deputación polo benestar no rural. “As sesións que ofrece este programa son moi importantes porque queremos que se convertan nun motivo de encontro social entre a veciñanza das parroquias do rural, cada vez máis despoboadas e cunha alta taxa de avellentamento”, salienta Antonio Veiga.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



