Ribadeo, 16 de decembro de 2014.- Acisa sorteará na súa 4ª Festa do Comercio 1.500 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados ata finais do vindeiro mes de xaneiro. A campaña de Nadal da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo xa está na rúa e todas aquelas persoas que realicen as súas compras en Ribadeo ata o 9 de xaneiro recibirán papeletas para entrar no sorteo que terá lugar o día 10 de xaneiro ás 20 horas no Cine Teatro.
Haberá un premio de 500 euros, un premio de 400 euros, outro de 300 euros, un premio de 200 euros e outro de 100 euros. Desde a directiva de Acisa lembran que “para ter dereito aos premios será necesario estar presente no sorteo e levar a papeleta premiada”. Tamén indican que “as papeletas deben levar o selo dos establecementos que as reparten, e a matriz debe quedar en poder do local en cuestión, xa que son esas matrices as que se meten no bombo para entrar no sorteo”.
Acisa anima a ribadenses e visitantes a realizar as súas compras de Nadal en Ribadeo “porque hai 1.500 euros en premios para agasallar á fiel clientela dos establecementos comerciais e hostaleiros da nosa vila”. E subliñan “a importancia de estar presentes en directo no sorteo, que se celebrará no Cine Teatro, para poder levar o premio. Ademais, coma sempre, haberá sorpresas ao longo de toda esa xornada pola rúa e tamén no lugar no que faremos a 4ª Festa do Comercio”.
A campaña de Nadal de Acisa tamén inclúe máis actividades. Os máis pequenos da casa tamén poderán gozar da presenza dun paxe real os días 2, 3 e 4 de xaneiro ao que lle poderán entregar as súas cartas e contarlle as súas inquedanzas diante da inminente chegada dos Reis Magos. O paxe recibirá aos nenos e nenas na entrada do Cine Teatro.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



