A Mariña, 16 de decembro de 2014.- En datas recentes aprobouse a lei 26/2014 pola que se modifican la Lei 35/2006, de 28 de novembro, do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, o texto refundido da Lei do Imposto sobre a Renda de non Residentes, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 5/2004, de 5 de marzo, e outras normas tributarias que logo da súa lectura e en relación coa problemática tributación das pensión dos e das emigrantes retornadas aprécianse as seguintes deficiencias:
1.- Persiste unha grave discriminación xa que non se revisou a cuestión dos dous pagadores nin se permite que como no caso dos pensionistas que nunca emigraron, teren un réxime de retencións tal e como dispón o artigo 96 da lei 35/2006. Desta forma en diferentes tramos retributivos existen grandes diferenzas de tributación por IRPF en cantidades idénticas.
2.- Ábrese un período de regularización de 6 meses, que tamén terá carácter “retroactivo”, toda vez que terán que realizar a tributación correspondente aos catro exercicios anteriores. De igual xeito aos que xa “regularizaron” a súa situación con anterioridade, tamén se lles aplica esa retroactividade, xa que devólvenlles os importes correspondentes ás sancións, recargas e intereses, pero non as cantidades pagadas en concepto de débeda tributaria.
3.- A devolución das sancións, recargas e intereses non se vai realizar de oficio, obrigando ás persoas interesadas a facer os trámites ante a Axencia Tributaria coa dificultade de teren que elas mesmas realizar os cálculos dos importes de cada un dos conceptos.
4.- Existen numerosas e variadas casuísticas dos emigrantes retornados ás que o articulado non só non da ningunha solución senón mesmo que abre novas dúbidas e posíbeis interpretacións o cal vai motivar moitos problemas para as persoas afectadas, obrigándoas mesmo a incorrer en gastos xudiciais na defensa dos seus dereitos:
– Tratamento das pensións por invalidez. Están exentas de tributación no estado español as pensións por invalidez absoluta, porén non se lles recoñece ese dereito aos retornados en moitos casos por un simple problema de nomenclatura. Debería establecerse expresamente que a estes efectos as declaracións de invalidez dos países de procedencia teña plenos efectos e establecer as equivalencias en función da porcentaxe da invalidez e non da súa denominación
– Convenios coa seguridade social para ter dereito á asistencia sanitaria ou pago no país de orixe. Moitos emigrantes retornados para teren dereito á asistencia sanitaria teñen que ter un convenio ou ben no país de orixe con algunha entidade ou coa TXSS, polo cal teñen que pagar unhas cantidades mensuais. Porén non se establece idéntico tratamento ao establecido para as cotizacións dos e das traballadoras.
– Problemas coas pensións do 2º Piar. En moitos países as pensión do chamado segundo piar, aínda sendo obrigatorias están xestionadas por fondos de pensións, polo tanto a AT considera que teñen a consideración de pensión privadas cando existe xurisprudencia que mantén o contrario.
– Dupla imposición. Malia que as normas da OCDE establecen que non debe existir dupla imposición non se establecen medidas para evitala. En moitos casos esas pensións do 2ª piar xa tributan no país de orixe sen que a AT as considere excluídas de tributación aquí. Imponlle novamente aos retornados unha carga de burocracia e de litixios para defender os seus dereitos.
Por todas as razóns expostas, SOLICITA:
Que á vista das consideracións anteditas por parte da Axencia Tributaria se adopten as seguintes decisións e se arbitren as medidas pertinentes para a súa verificación:
a) Que o procedemento que se arbitre para a regularización sexa de oficio, de xeito que por parte da AEAT se devolvan, ademais do ingresado por sancións, recargas e xuros, as cantidades pagadas en concepto de débeda tributaria por non existir un criterio firme respecto da tributación das pensións procedentes do exterior, ao haber sentenzas xudiciais firmes que anularon liquidacións en casos de pensións de emigrantes retornados.
b) Que se aborde unha regulación legal clara e precisa sobre a tributación das pensións dos emigrantes retornados, partindo do principio de non discriminación respecto da tributación doutras pensións, para que dispoñan dun marco tributario homoxéneo para todas as pensións, incluíndo particularmente as exencións de presentar declaración do IRPF de non superar determinados umbrais de rendas.





















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



