Cervo, 8 de xaneiro de 2015- O Concello de Cervo concedeu unha axuda de 1.000 euros ao Club Medela MTB para colaborar con el na súa labor de dinamización do ciclismo e de posta en marcha de actividades. O edil de Deportes, Luis Guillén, entregou o cheque ao presidente da entidade, David Riera. Unha subvención que non é a única colaboración que recibe este club, co que o Concello contribúe ademais con medios propios, materiais e humanos, nos diferentes eventos que organiza ao longo do ano como é o caso da Ruta Medela MTB.
O edil de Deportes lembra tamén as constantes colaboracións con todos os clubs e asociacións deportivas do municipio, ás que o Concello apoia a través de diferentes vías. “Toda entidade que nos solicita apoio atopa a nosa boa disposición a colaborar, tanto na actividade diaria como en eventos especiais”, asegura Guillén. Tamén cabe destacar que o Concello favorece a celebración de campionatos deportivos contribuíndo coas federacións das diferentes disciplinas.
Sen esquecer o importante esforzo inversor no mantemento e mellora das diferentes instalacións deportivas, como é o caso do campo de fútbol da Veiga, que está sendo reformado e reconvertido nun terreo de herba artificial. Unha obra que ten un custo de 380.000 euros que financia ao 100% o Concello con fondos propios. Outras das obras importantes feitas recentemente foron a mellora da piscina de Lieiro (27.100 euros) ou a ampliación do ximnasio (9.000 euros). Ao mesmo tempo, o goberno local acomete tarefas de mantemento en diferentes edificios e dotacións deportivas, ademais dos xa mencionados, como o pavillón da Veiga, a pista de pádel, o campo de fútbol 7 de Río Covo ou as pistas de tenis.
O Concello tamén aposta polo deporte de forma directa, a través das Escolas Deportivas, que inclúen 13 actividades para nenos, mozos e adultos, e unha bonificación nas taxas do 50%, ou os cursos da piscina, coa Escola Municipal de Natación.























A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



