Óscar Pedrosa Paleo foi o o afortunado cos 300 euros en vales de compra que lles corresponderon por cantar o bingo no primeiro sorteo do Campañazo deste mes de xaneiro, celebrado o pasado día 2. Óscar fíxose co seu cartón en Electricidad Núñez e seguiu o sorteo desde Xoyma, onde nas últimas horas lle foi entregado o premio de Acia-CCA Foz. Outras persoas tamén resultaron agraciadas con vales de compra para gastar ao longo das vindeiras semanas nos locais asociados a Acia-CCA Foz. O vindeiro sorteo terá lugar este venres, 9 de xaneiro, a partir das 23 horas en Radio Foz. En total Acia-CCA Foz pon en xogo durante este mes 3.000 euros en vales de compra.






















O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



