Santiago, 13 de xaneiro de 2015.- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este martes o inicio do proceso de información pública do anteproxecto de decreto do plan de conservación do monumento natural da Praia das Catedrais, en Ribadeo (Lugo). Este proceso de participación pública prolongarase por un período de 45 días hábiles contando as partir de mañá, mércores, e paralelamente tamén se tramitará o Documento Ambiental Estratéxico (DAE).
Tras o inicio da tramitación do Plan de conservación do Monumento Natural da Praia das Catedrais, e despois dun primeiro período de participación pública, a Xunta de Galicia completará e mellorará o documento preliminar coa finalidade de compatibilizar a protección dos espazos protexidos co seu uso público e goce por parte da poboación.
Durante o período de información pública e audiencia que se abre mañá os interesado poden remitir as súas alegacións mediante escrito dirixido á Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Toda a documentación poderá ser examinada na propia Dirección Xeral de Conservación da Natureza, en Santiago; no departamento territorial da Consellería de Medio Medio Ambiente en Lugo; ou na páxina web da Consellería: http://www.cmati.xunta.es/.
O obxectivo xeral do Plan é o mantemento e restablecemento, nun estado de conservación favorable, dos valores ambientais que motivaron a declaración do Monumento Natural das Catedrais.
O documento propón as directrices, normas de uso público e actuacións destinadas a acadar os obxectivos previstos, así como un programa de seguimento para valorar o seu grao de consecución ao longo do período de vixencia do plan. A normativa xeral que incorpora o Plan de conservación elaborouse a partir dos obxectivos e criterios orientadores da normativa comunitaria, estatal e autonómica, nomeadamente do Plan director da Rede Natura 2000.
Un dos aspectos máis destacados do Plan é a regulación do acceso público ao monumento natural en períodos de máxima afluencia como a Semana Santa e entre o 15 de xuño ao 15 de setembro, nos que será preciso dispor de autorización do órgano autonómico competente en materia de conservación da natureza. Porén, o cronograma previsto non considera limitar o aforo esta vindeira Semana Santa. Para ese período continuaranse coas medidas postas en marcha o verán pasado con guías especialistas que informen sobre os valores do monumento e sobre as súas presións e ameazas, tentando facer ver aos visitantes a importancia de conservar esta importante mostra do noso patrimonio natural.
En función dos cálculos previos de capacidade de acollida do espazo, estímase que o límite máximo que se estableza será de 4.967 visitantes diarios. Con esta medida preténdese, non só garantir a conservación do monumento natural, senón tamén evitar a estacionalidade da afluencia turística e mellorar as condicións de uso público no espazo.
O efecto máis evidente desta situación é a saturación dos servizos e accesos á praia, pero tamén o risco de degradación dos seus valores ambientais e paisaxísticos e, mesmo, da percepción global do que debe constituír un espazo natural protexido. A aprobación do Plan de conservación das catedrais suporá a regulación do uso público do espazo, facilitando unha mellora das condicións para a visita e difusión dos valores naturais e paisaxísticos do espazo.
Preto de 1,7 millóns de euros para os próximos 10 anos
A Xunta ten definido un total de cinco obxectivos estratéxicos con medidas concretas que no seu conxunto representan 12 liñas de acción para as que o Goberno galego destinará case 1,7 millóns de euros nos próximos 10 anos.
– Avanzar no coñecemento, nos riscos e nas ameazas con inventariados de hábitats naturais e das especies de flora e fauna silvestre, así como mellorar a información relativa á súa presenza.
– Evitar a perda de biodiversidade, fomentando a conservación de especies, con medidas como o seguimento, control e erradicación de especies exóticas e invasoras.
– Acadar un uso ordenado e compatible, reducindo a presión do uso público no espazo, favorecendo a desestacionalización da demanda, a promoción doutros puntos de interese turístico e implementando un sistema de concesión de autorizacións de acceso ao monumento nos períodos de maior afluencia de visitantes.
– Colaboración interadministrativa para a promoción do turismo sustentable, con melloras paisaxísticas no monumento natural, actuacións coordinadas para a ordenación de accesos e área de apartamento e para a promoción de medios de transporte alternativos.
– Favorecer o compromiso social, fomentar o coñecemento e a implicación social na conservación do monumento natural, mediante a promoción de campañas en coordinación con outras administracións, a comunidade científica e a poboación local.
As actuacións previstas no plan suporán unha xestión máis eficiente dos recursos públicos, ao representar unha planificación das necesidades de conservación do espazo.
No marco das políticas de sustentabilidade, a aprobación do Plan de conservación débese valorar como unha oportunidade de desenvolvemento das actividades económicas vinculadas ao sector turístico, hostalería e de ocio, compatibles coa conservación dos valores ambientais que motivaron a declaración do Monumento Natural das Catedrais.




















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



