O portavoz do BNG, Mario Pillado denunciou que “o servizo de pediatría do Centro de Saúde de Burela non está debidamente atendido, ao non cubrirse as prazas vacantes con persoal sanitario especializado”. A vacante producida nas últimas semanas por xubilación dunha das dúas facultativas que consultan no Centro de Saúde de Burela, foi recentemente cuberta por persoal médico de familia e non por especialistas en pediatría.
Esta situación está a crear un malestar crecente entre as nais e os pais, pois non é a primeira vez que se detectan deficiencias no servizo de pediatría da atención primaria en Burela. O BNG xa denunciara en novembro de 2013 a ausencia de pediatras no Centro de Saúde ao non cubrirse as vacacións e baixas laborais do persoal facultativo. A día de hoxe, o Centro de Saúde conta con só dous facultativos para atender a máis de 1.300 nenos e nenas adscritos ao centro, dos cales só un é especialista en medicina pediátrica.
Para Pillado, “a atención médica en xeral e dos nenos e nenas en particular, sofre unha total desatención en Burela por parte da Xunta da Galiza, mentres o PP local mira para outro lado como se aquí non acontecese nada”. O portavoz nacionalista urxe ao Sr. Barcia a que demande da Xunta de Galiza a prestación axeitada deste servizo de forma inmediata, co fin de que se vexan garantidos os dereitos básicos dos veciños e veciñas de Burela.
Estratexia do PP para precarizar e desprestixiar a sanidade pública.
Os problemas que se están a dar no servizo de pediatría en Burela non son illados e tampouco son casuais. Noutros concellos da Mariña como os de Lourenzá, Valadouro e Alfoz xa se teñen dado situacións semellantes nos últimos meses e outro tanto do mesmo acontece coa sanidade primaria coa supresión de prazas médicas e asignación de maior carga de traballo ao resto do persoal sanitario.
Para o BNG, esta situación non é casual, pois atende á ofensiva posta en marcha pola Xunta de Galiza e o Goberno do Estado contra o conxunto da cidadanía, especialmente contra aqueles sectores sociais máis sensíbeis, como as crianzas, os maiores, as persoas que padecen doenzas crónicas… A actual situación no Centro de Saúde de Burela constitúe un paso máis na feroz política de recortes e precarización que se está a producir na sanidade pública galega, afectando desta volta a un servizo tan básico como a asistencia sanitaria infantil.

















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocou o luns a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.



