Foz, 30 de xaneiro de 2015. O Concello de Foz reitera á Deputación de Lugo a necesidade de arranxar urxentemente a rúa Álvaro Cunqueiro, de titularidade provincial, que se atopa “nun estado lamentable”. Así o manifestou o alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, quen explicou que no pleno da corporación municipal celebrado onte o goberno local apoiou unha moción sobre este asunto presentada polos catro concelleiros non adscritos ex socialistas. Ademais o rexedor lembroulle esta situación este venres ao deputado provincial responsable de Obras, Manuel Martínez, con quen mantivo unha reunión en Lugo, na que tamén falaron da construción do carril bici que unirá as praias de A Rapadoira e Llas.
“No día de onte, no pleno correspondente ao mes de xaneiro, o grupo de goberno do Partido Popular apoiou a moción presentada polos concelleiros non adscritos para solicitar á Deputación o arranxo inmediato da rúa Álvaro Cunqueiro, unha das principais do concello de Foz, unha das varias rúas urbanas que son propiedade da Deputación de Lugo e que se atopa nun estado lamentable. Nese sentido o grupo de goberno presentou no propio pleno un escrito co que xa no mes de maio, cun informe policial, se instaba á Deputación de Lugo a que arranxara esa vía, que é importante, comercial e unha das que máis circulación ten no concello. O estado é lamentable e as reclamacións dos veciños son moitas”, manifestou Javier Castiñeira.
O rexedor engadiu que “hoxe precisamente tivemos a posibilidade de ir a Lugo falar co deputado provincial responsable de Obras por outros motivos, concretamente con respecto ao carril bici que o Concello de Foz está tramitando na Dirección General de Costas e que necesita o permiso da Deputación porque a vía afectada tamén é do organismo provincial. E aproveitamos para recordarlle ao deputado a situación da rúa Álvaro Cunqueiro, que é propiedade da Deputación e espero que tomen medidas”.
Con respecto á construción do carril bici, Castiñeira comentou que “está moi avanzada a tramitación do expediente e incluso o financiamento da obra, que vai ser por parte da Dirección General de Costas. E á Deputación soamente lle solicitamos que tramite canto antes o permiso e a autorización para que o antes posible se comece a obrar e o carril bici poida estar feito, sobre todo para a época verán, que é cando máis se necesita”.





















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocou o luns a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.



