Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2015. O deputado do BNG, Daniel Rodas defendeu hoxe na Comisión de Pesca instar ao Goberno galego reclamar ante o Goberno español e a Unión europea as competencias exclusivas de Galiza en materia de pesca.
Na intervención, Rodas recomendou ao Partido popular deixar “as políticas de propaganda” e asumir os problemas reais, “vostedes, dixo, deberían reunirse máis co sector” e abandonar a política de xestos como a que fixo Feijóo en Bruxelas a onde foi só “para sacar unha foto” cando o problema do xeito xa fora tratado a través dunha representación do sector do xeito convidada ao Parlamento europeo pola portavoz do BNG, Ana Miranda.
Dende o BNG, afirmou aspiramos a ter maiores competencias e hoxe o que pedimos é que o Goberno galego as exerza en augas interiores outorgadas polo Estatuto de Autonomía e a propia Constitución e nin sequera esas “queren defender”.
Neste sentido, explicou que coa normativa estatal sobre o Plan xeral da sardiña, “o xeito podía estar traballando co normalidade” diferenciando as artes tradicionais das industrias, “defendemos o espazo galego de libre decisión” e a pesar de que a U.E ten competencias en recursos existen determinadas pesquerías que co reparto blindado quedamos fora. Hai oito anos pescábanse 8.000 quilos ao día e hoxe hai barcos aos que lle asignan entre 4.000 e 5.000 para toda a temporada, “esta é unha situación dramática para nós”.
Rodas tamén aludiu ás competencias do Estado español nas que produto das negociacións, a Comunidade andaluza consigue o 99% da cota do bocareo e na negociación da xarda o País vasco obtén unha cota do 50% da cota que lle corresponde “ao cerco galego”. A xunta, mentres tanto só ten un proxecto para a pesca galega, afirmou, “abrir a porta para o desguace” e animar aos traballadores do mar a “buscar a vida noutra actividade”.
Pola súa parte, o portavoz do PP, Gonzalo Trenor xustificou o voto en contra á iniciativa parlamentaria argumentando que a Xunta “xa está a facer a defensa das competencias no ámbito político e xudicial e alí onde sexa necesario”
Rodas criticou o descoñecemento do portavoz popular sobre os verdadeiros problemas do sector polo que lle recomendou ao PP “que baixen á terra e asistan as reunións do sector do xeito, en troques de ir a Bruxelas a facer unha foto”.


















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



