Lourenzá, 4 de febreiro de 2015. O Concello de Lourenzá organiza un concurso de dedicatorias de amor para celebrar San Valentín a través da recentemente creada páxina de facebook da biblioteca pública municipal.
O promotor desta iniciativa é o dinamizador TIC no Concello de Lourenzá, Javier Reigosa Fernández, dentro do proxecto Innova-TE 2 da Deputación de Lugo. Explicou que “no Concello de Lourenzá non había páxina de facebook propio da biblioteca, entón créamola e para fomentar o uso desta páxina convocamos vía facebook para que a xente poña no muro unhas dedicatorias con motivo de San Valentín utilizando uns personaxes típicos de Lourenzá como son os Cocos. Trátase de que os rapaces se metan na pel do Coco e lle manden unha dedicatoria á Coca e que as rapazas se metan na pel da Coca e lle manden unha dedicatoria de amor ao Coco”.
O prazo para poñer as dedicatorias de amor no muro do facebook da biblioteca municipal de Lourenzá empeza hoxe e remata o 14 deste mes, día de San Valentín. O autor ou autora da publicación que consiga máis “Me gusta” recibirá un agasallo.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



