A Fundación TIC, dependente da Deputación, será a encargada un ano máis da emisión por streaming do VIII Campionato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalería e o III Campionato Internacional de Baristas Profesionais, que organiza o IES de Foz. Os alumnos de 2º de Realización da Escola de Imaxe e Son serán os encargados da realización, gravación e emisión en directo do evento. Trátase dunha práctica nun escenario real, un dos sinais de identidade da formación que se imparte na EIS.
Este ano, ademais do campión de España, Adrián Fernández, tamén participarán os campións de Cantabria e da Comunidade Valenciana. Como novidade e colofón do programa, haberá unha demostración de técnicas de mixoloxía molecular aplicadas ao mundo do café.
Grazas ao convenio entre a TIC e o IES de Foz, todos os interesados poderán ver os detalles das probas e seguilas a través da súa páxina web www.fundaciontic.org desde calquera parte do mundo, do mesmo xeito que na edición pasada, onde se erixiron campionas en primeiro lugar a Escola de Hostalería de Viana do Castelo, en segundo, a de Sober e, en terceiro posto, a de Foz. Neste centro mariñán máis dun cento de mozos estudan cociña e 30, servizos de restauración.
Desenvolvemento do programa
As demostracións arrancarán o luns, 9 de febreiro, ás 17:30 horas co VIII Campionato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalería 2015, no que participan 15 centros de España e 2 de Portugal. O martes, a partir das 9:00 horas desenvolverase a final do campionato e ás 13:30 haberá unha demostración de coctelería a cargo de “MONIN Gourmet Flavorings”. Por último, o mércores terá lugar a Final do III Campionato Internacional de Baristas Profesionais, que reunirá a 12 especialistas desta disciplina. Amosarán as súas habilidades, entre outros, os campións baristas de Cantabria, da Comunidade Valenciana e o actual campión de España, Adrián Fernández. Tamén o mércores, ás 14:00 horas, haberá unha demostración de “Técnicas de Mixoloxía molecular aplicadas ó mundo do café”, a cargo de Diego Mosquera, profesor de servizos de Restauración do IES Vilamarín de Ourense.
Práctica nun escenario real
A actividade da TIC é unha práctica do módulo de Realización de Televisión da EIS e nela os alumnos de 2º de Realización, co apoio de docentes, emitirán as probas dos tres campionatos a través da páxina web da TIC. Ademais, os que se acheguen ata ó instituto focense poderán seguir as demostracións dos participantes sen perder detalle, grazas a dúas pantallas de plasma. Coma noutras edicións, o material audiovisual que se obteña empregarase para a edición dun DVD, que se entregará posteriormente ao IES de Foz. Para esta práctica, os alumnos da EIS empregarán unha unidade móbil, 5 cámaras autónomas e o material para o streaming. Cada estudante rotará por todos os postos, dende realización, son ou operador de cámara, e estarán pendentes de todo o equipo necesario para o directo.






















A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



