Mondoñedo, 18 de febreiro de 2015.- O Partido Popular de Mondoñedo rexistrou esta mañá a solicitude dun pleno extraordinario para que o Concello garanta a dispoñibilidade dos terreos de Vilar, -no que se realizaron actuacións de rehabilitación en inmobles para dirixilos a actividades turísticas-, e explique o futuro dun proxecto “no que se leva investido unha importante cantidade de diñeiro público”.
En concreto, os populares instarán en pleno ao equipo de goberno do Concello de Mondoñedo a que negocie de maneira urxente unha prórroga do contrato cos donos dos terreos de Vilar e a que clarifique o futuro deste proxecto, indicando tanto prazo como destino das instalacións.
Incumprimentos no acordo
Os populares lembran que o prazo de cesión dos terreos por parte da familia remataría aos dez anos da súa sinatura, é dicir, en 2013, de non estar habilitadas as instalacións para actividades turísticas complementarias de carácter rural. O incumprimento, engaden dende o PP, deste prazo implicaría unha posible reversión aos cedentes.
Ante este feito e ao non estar conseguido o remate total das obras necesarias, os populares preocupáronse en pleno pola dispoñibilidade destes terreos, sen “acreditársenos en ningún momento a existencia dunha prórroga de cesión do contrato”; unha situación agravada tras ter acceso a un informe emitido polo Servizo Provincial de Cooperación e Asistencia aos Concellos sobre a doazón con cláusula de reversión.
O informe de data 13 de novembro indica que se debería valorar o acordo cos doantes dunha prórroga do prazo, acreditando o incumprimento por parte do equipo de goberno local: “…as obras de rehabilitación realizadas, a pesares da súa extraordinaria dimensión tanto económica como constructiva, ao non conseguir o remate total das necesarias para os inmobles poidan ser dedicados aos destinos establecidos polos doantes, á finalización do prazo conferido o 14/12/2013, supoñen un incumprimento…”.
Posible investimento público sen ter acreditada a dispoñibilidade dos terreos
O informe clarificaba, polo tanto, a non existencia de dispoñibilidade de terreos nin prórroga cos cedentes, “deixando claro o incumprimento por parte do equipo de goberno”. Esta situación, segundo denunciaron os populares, de non existir unha prórroga do contrato, implicaría que se chegou a investir diñeiro público sen ter garantía de dispoñer dos terreos.
É dicir, dende o Partido Popular explican que poderían chegar a existir irregularidades na última subvención concedida por importe de 163.138,65 euros para a posta en valor do Centro da Prehistoria, toda vez que se executarían as obras con cargo a esta achega cando non se tiña acreditada a dispoñibilidade de terreos. A subvención implicaba a execución de obras e no replanteo previo dicían que debe conlevar a certificación da dispoñibilidade de terreos.
A maiores os populares lembran que o que si está comprobado polo PP e que Secretaría reparou o pago de facturas nesta subvención, que foi levantado unilateralmente por decreto da Alcaldía.
Reunión afiliados
Por outra banda, o Partido Popular de Mondoñedo tamén anuncia que mañá, ás 21:00 horas, na Casa da Xuventude, manterá unha reunión con afiliados para tratar diferentes asuntos de interese para o municipio. Esta reunión enmárcase na liña emprendida polo PP local de “apertura e colaboración cos afiliados e simpatizantes”.


















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocou o luns a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.



