Foz, 18 de febreiro de 2015.- O BNG de Foz chegou a un acordo co grupo de goberno e os concelleiros non adscritos para darlle unha finalidade ao remanente de 220.000 euros que quedou da amortización de créditos e do fondo de continxencias, unha vez aprobados os orzamentos deste ano. O BNG abstivérase na aprobación dos orzamentos nun exercicio de responsabilidade, para telos actualizalos e porque se recollían algunhas das propostas feitas desde o noso grupo.
En canto ao Plan de Emprego, o BNG pediu que este plan estivera o máis repartido posible en todos os aspectos (prazas, idades,…), que cumprira cos principios de igualdade e obxectividade á hora de acceder ao postos de traballo ofertados e que se reserven prazas para discapacitados/as. En canto as prazas, que se cubriran 2 prazas de axuda no fogar, 1 de mecánico, 1 de medio ambiente e outra de administrativo. O BNG fixo moito fincapé en que as bases para cubrir as prazas sexan o máis consensuadas posibles, que dean oportunidade de acceso ao maior número de persoas e que garantan a obxectividade das probas a través de mecanismos como sorteos, temarios públicos, exames custodiados e outros.
Respecto ao Fomento do Emprego en empresas, o BNG defendeu que foran o máis repartidas posibles entre os diferentes sectores empresariais do concello (electricidade, comercio, mecánica, hostalaría, perruquerías, deseño,…).
No apartado de Inversións, o BNG propuxo que se reservara unha partida para reparar e arrombar os parques infantís e areas recreativas do Concello así como outra para a correcta sinalización (horizontal e vertical) no Concello, tanto en vila como en parroquias.
O BNG está convencido que os plans de emprego non son a solución ao problema do paro senón que a solución está na reactivación económica e en políticas activas de creación de emprego, sobre todo nos sectores produtivos estratéxicos galegos e na pequena e mediana empresa, cousa que o goberno da Xunta non está facendo. Non por iso imos deixar de apoiar un plan municipal que lle dará traballo durante varios meses a un número importante de persoas. Desde o BNG, tamén queremos destacar a boa disposición por parte de todos a chegar a un consenso e esperar que todo o acordado se leve a cabo no menor tempo posible.

















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocou o luns a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.



