Madrid, 19 de febreiro de 2015.- A deputada socialista por Lugo Margarita Pérez Herraiz recibiu unha resposta parlamentaria na que o Goberno lle confirma que, das catro provincias galegas, Lugo é na que os nenos con necesidades educativas especiais reciben menos axudas do Estado.
Os datos confirman que nos tres últimos cursos -2011/2012, 2012/2013 e 2013/2014- a porcentaxe de nenos con necesidades educativas especiais que na provincia de Lugo obtiveron axuda do Estado é o máis baixo de toda Galicia.
En termos porcentuais, na etapa de educación infantil, na provincia de Lugo recibíronse só un 5,88% das bolsas totais de Galicia para necesidades educativas especiais no curso 2011/2012, un 4,48% en 2012/2013 e un 4,35% en 2013/2014.
Respectivamente para cada un destes cursos, na provincia de Lugo, en educación primaria recibíronse só un 5,25%, 4,28% e 4,67% respecto ao total de bolsas de Galicia deste tipo; en educación secundaria obrigatoria un 4,15%, 4,35% e 4,45%; e en bacharelato un 6,06%, 0% e 1,67%. É nos ciclos formativos de grao medio nos únicos nos que as porcentaxes soben lixeiramente ata un 13,79% en 2011/2012, un 11,43% en 2012/2013 e un 6,38% en 2013/2014.
Hai que ter en conta que, segundo datos do curso 2013/2014, a provincia de Lugo ten un 10,12% dos alumnos de educación infantil de toda Galicia, o 10,3% dos de primaria, o 10,59% de educación secundaria obrigatoria, o 11,68% dos de bacharelato e o 10,86% dos alumnos galegos en ciclos formativos.
Por iso, Pérez Herraiz pon de manifesto a “incongruencia destes datos” pois “en boa lóxica” as porcentaxes de bolsas recibidas en Lugo respecto ao total de Galicia debesen ser similares ás porcentaxes de alumnos en Lugo respecto ao total de alumnos galegos. Así, sinala que “non” é probable que a proporción de nenos con necesidades especiais sexa menor en Lugo que no resto de Galicia”.
Así mesmo, argumenta que “tampouco é probable que as familias de Lugo teñan máis recursos e por iso necesiten menos axudas económicas que o resto de familias de Galicia”.
Por iso, critica a deputada socialista lucense que “dado que a concesión de bolsas é un procedemento regulado cuns requisitos establecidos iguais para todos os solicitantes, independentemente do territorio ao que pertenzan, a única explicación posible para que os nenos con necesidades especiais reciban en Lugo menos axudas que no resto de Galicia é que a eficacia da administración educativa en Lugo sexa menor”.




















O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



