A Mariña, 20 de febreiro de 2015. O Bloque Nacionalista Galego na Mariña vén de facer pública a súa participación na concentración convocada polo Observatorio da Mariña pola Igualdade contra a reforma da lei do aborto presentada nestes días polo Partido Popular.
A formación nacionalista chama á participación cidadá nesta mobilización para amosarlle ao PP que “non existe ningún consenso social arredor da reforma que plantexan, se non todo o contrario.” “Non é necesaria unha reforma que afecta ás menores de idade, cando xa existen legalmente todas as cautelas para a interrupción voluntaria do embarazo nestas situacións. Non resposta a ningunha petición social e só se fai para contentar aos sectores máis rancios e fundamentalistas das bases do PP”, asegura a portavoz comarcal, Ana Ermida.
“Para o Partido Popular, unha menor de idade pode traballar, casar, manter relacións sexuais e, incluso, ter fill@s sen autorización parental. Pola contra, piden esta autorización para os supostos de interrupción voluntaria do embarazo, sen ter en conta posibles situacións familiares conflitivas ou problemáticas”, aseguran desde o BNG.
Desde a formación frontista, denuncian a “hipocrisía do PP con este tema, presentando unha reforma puramente ideolóxica que non pretende mellorar a lei existente, senón, empeorala; xa que levará a situacións nas que as menores acudirán a abortos sen garantir as condicións xurídicas e sanitarias.”
“Se a preocupación do Partido Popular polos abortos entre menores fora real, poñería a súa atención en acentuar as medidas preventivas e a educación sexual e non en desmantelar servizos existentes como se veu facendo nos últimos anos.”
Segundo a responsable comarcal, “con esta reforma, o PP volve a tentar transmitir unha imaxe criminalizadora das mulleres que deciden, libremente, interromper o embarazo. Para nada resposta a unha preocupación pola mellora das garantías nas que se realizan os abortos ou polos embarazos entre adolescentes.”



















A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



