Burela, a 20 de febreiro de 2015.- O Partido Popular de Burela comezou este venres unha serie de reunións con colectivos do concello para coñecer de primeira man propostas de cara a incluir no programa electoral. Os populares, que hoxe se reunirón cos colectivos de inmigrantes, pretenden recabar información, sobre de todo, referida ó funcionamento e necesidades dos propios colectivos, pero tamén a nivel xeral do concello.
Deste xeito, entenden desde o PP burelés que “demostramos, unha vez máis, que estamos en contacto coa cidadanía e coas súas preocupacións, e que queremos aportar solucións factibles na medida do posible”. De feito, para a vindeira semana están previstas outras dúas reunións máis.
Dentro do traballo de precampaña electoral, os tres comités de traballo creados no seno do partido, electoral, de programa e de campaña, están traballando a bón ritmo e confían en ter pechados os seus cometidos na primeira quincena de marzo. Fontes do partido aseguraron que “a implicación das bases do partido está sendo importante, e os grupos de traballo están sendo mui participativos”.




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



