O Burela Pescados Rubén deixou escapar tres puntos de Vista Alegre ante un Móstoles que venceu no feudo burelés por 1-2 aproveitando ao máximo as súas oportunidades. O partido comezou con boa sintonía no conxunto laranxa que tomou a iniciativa e xerou boas oportunidades de gol que Etayo, porteira mostoleña, desbaratou con solvencia. O Móstoles non conseguía frear o impulso local, Peque disparou ao pau e minutos despois asistiu perfectamente a Tainã que abriu o peche visitante. Co 1-0 o Móstoles intentou estirarse un pouco máis e sacou petróleo para remontar o encontro. O empate (1-1) chegou tras un córner que rematou María Otero e o 1-2 foi obra de Inma, a quince segundos do descanso.
Con este resultado chegouse ao descanso e na continuación as pupilas de Lucas saíron con ánimos renovados. Nada máis empezar, dobre oportunidade con disparo de Peque ao pau e acto seguido de Claudia ao longueiro. O dominio burelao non tiña discusión ante un Móstoles máis agazapado que no primeiro tempo e cuxo argumento ofensivo foi testimonial. Encomendouse a defender a súa renda coa súa porteira Etayo como gran protagonista ao desbaratar as ocasións burelás. A falta de puntería laranxa propiciou que se chegase á recta final co inxusto 1-2 que reflectía o marcador. O Burela Pescados Rubén apostou polo xogo de cinco a catro minutos do final pero non atopou a recompensa desexada e o Móstoles acabou levándose o triunfo de Vista Alegre.
Ficha técnica
Burela Pescados Rubén: Jozi, Peque, Gaby, Bea Mateos, Shiori –cinco inicial- Claudia, Maite, Kiko, Tainã, Lara.
Móstoles: Etayo, Patri Chamorro, Celia, María Otero, Inma –cinco inicial- Trufa, Arabel, Rocío Robles, María del Val, María López.
Goles: 1-0, m.13, Tainã; 1-1, m.17, María Otero; 1-2, m.20, Inma.
Incidencias: Partido correspondente á xornada 19 da Primera División. 400 espectadores.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
