A Delegación do Goberno en Galicia informa de que o Sector de Tráfico da Garda Civil en Galicia desde este luns 23 de febreiro, iniciará unha campaña especial para a prevención de atropelos que consistirá nun incremento da vixilancia e control dos peóns en estrada así como na entrega de chalecos reflectantes a aqueles camaniñtes que estando obrigados a levalo por falta de visibilidade ou meteoroloxía adversa, non fagan uso de ningún tipo de elementos que garantan a súa visibilidade e en definitiva, a súa seguridade.
Un dos obxectivos prioritarios da DGT en Galicia é a protección dos usuarios máis vulnerables na estrada, os peóns, tendo en conta do peso que teñen os atropelos mortais na accidentabilidade interurbana na nosa comunidade. No ano 2014 faleceron en estradas de Galicia 17 peóns, o que representa algo máis do 15% do total de falecidos.
Estes datos xustifican por si mesmos a necesidade de actuacións específicas de prevención. Desde as Xefaturas de Tráfico impartiránse charlas nos Concellos, dirixidas a maiores, co fin de concienciar á poboación e incidir naquelas condutas pouco seguras dos peóns, recordando as normas que lles afectan, informándolles para que modifiquen os seus hábitos e reduzan os riscos de ser atropelados. A estas actuacións engadiranse outras campañas específicas como a que se inicia este luns nas estradas galegas.
Desde a Dirección Xeral de Tráfico recordan, ademais, que os peóns que non cumpran a normativa poderán ser denunciados polo non uso da adecuada peza reflectante ou polo incumprimento das obrigacións que os peóns teñen na estrada, fundamentalmente as seguintes:
– Como norma xeral, camiñarán pola esquerda.
– Para atravesar a calzada, cando non hai paso para peóns, deben camiñar perpendicularmente ao eixe desta, non demorarse nin deterse nela sen necesidade e non entorpecer o paso dos demais.
– Usar pezas reflectantes entre o ocaso e a saída do sol.
É necesario recordar tamén aos condutores a obrigación de reducir a velocidade nas zonas en que existan peóns e a recomendación de levar acendidas as luces de cruzamento todo o día, especialmente nesta época de inverno, para facerse visibles a todos os usuarios da vía.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



