Santiago, 26 de febreiro de 2015.- O Grupo Popular de Galicia rexistrou unha proposición non de lei no Parlamento galego coa finalidade de instar á Xunta de Galicia a impulsar diversas iniciativas normativas, técnicas e prácticas para conseguir “unha igualdade de xénero real” no sector pesqueiro.
Na súa proposta, os populares defenden que o Goberno debe prestar especial atención no tocante a promover a integración da muller no sector estrativo e na administración de empresas pesqueiras, e anima á Xunta a facerse eco das iniciativas que lles fan chegar desde os colectivos de mulleres.
APROVEITAR O FONDO EUROPEO MARÍTIMO
O voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, apunta que o programa operativo de execución do novo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP), que se desenvolverá nos próximos sete anos, pode servir de base para financiar as actuacións específicas que se fomenten no ámbito da igualdade de oportunidades no sector marítimo pesqueiro.
Finalmente, na iniciativa se lle insta ao Goberno galego a dar apoio, técnico e económico, aos distintos colectivos de mulleres dedicadas a actividades do mar, tanto para a súa mellor organización como para o desenvolvemento das súas actividades.
MAIOR VISIBILIDADE Á PRESANZA DA MULLER
Balseiro aclara que dentro da pesca existen ámbitos onde as mulleres están moi presentes: como o marisqueo, a transformación e comercialización e a industria auxiliar (de xeito especial redeiras ou empacadoras). Sinala tamén que, “aínda que en Galicia o papel da muller como profesional do mar nada ten que ver co menor grao de recoñecemento que dispón noutros puntos de España”, cómpre seguir impulsando políticas de integración e de igualdade de oportunidades pesqueiras, “así como facer visible e revalorizar o traballo que a muller realiza no sector pesqueiro”.
O portavoz popular sinala o avance que supuxo ir desterrando un estigma anticuado, inxusto e irreal que situaba á muller neste tipo de actividades exclusivamente para desenvolver unha labor de apoio ao traballo que desempeñan os homes. Este pensamento xerou, nun primeiro momento dificultades para avanzar no recoñecemento dos dereitos laborais do colectivo de mulleres pero, “precisamente elas, de xeito moi destacado no ámbito do marisqueo, acadaron avances salientables en coincidencia coa transformación operada no sector, desde a mera recolección á técnicas máis avanzadas de cultivo”, aclara Balseiro.
Os datos demostran o papel da participación do colectivo de mulleres no sector pesqueiro. Das 57.236 persoas dadas de alta no Réxime Especial do Mar (REM) en decembro de 2014, a cifra de emprego feminino é de 8.730, é dicir, o 15,25 por cento. Deste segmento, o 61,23 por cento, isto é, 5.346 mulleres, son da Comunidade galega.




















Unha actividade organizada pola Asociación Cultural pensada para promocionar os produtos de proximidade e da artesáns, nun ambiente lúdico e festivo. Produtos de horta, conservas, mel, requeixo, plantas ornamentais ou bisuteria son algúns dos produtos que se podían encontrar no mercado, que contou tamén con outras actividades como bautismos hípicos. A Vicepresidencia da Deputación colaborou un ano máis na programación do mercado cun obradoiro de coiro e animación musical.
A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



