Para este mes de marzo, Nordés Faladora propón unha actividade que, de novo, ten coma eixe o mar e os seus habitantes. Nesta ocasión, a volta á beira do mar de Loiba é para dar a coñecer a un manxar extraño ás mesas galegas, aínda sendo moi apreciado dende tempo atrás nas da nosa veciña terra asturiana: o ourizo de mar.
Na praia da Ribeira do Carro, e saindo do Restaurante “O Galeón” de Loiba desenvolverase a primeira parte da xornada sobre o Ourizo de Mar baixo a dirección de José Antonio Canoura, achegándonos á forma de coller os ourizos con xeito, é dicir, diferenciándoos para apañar aqueles que sexan os idóneos para o seu consumo, así como, por suposto, facéndoo tendo en conta o tamaño mínimo permitido. E como tanto traballo de campo, ou máis ben de praia, abriranos o apetito, pois que mellor sitio que o restaurante “Orillamar” de Espasante para apreciar as virtudes gastronómicas do ourizo de mar, caviar das nosas costas. (Precísase reservar chamando ó 653 756 454 Ricardo. Prezo 15 euros)
Como está prohibida a súa recolleita nalgúns meses do ano, e de seguro que, unha vez o probemos, imos querer consumilo noutras ocasións sen meternos a furtivos, o seguinte paso será falar de como procesalo para mantelo en conserva.
E será de novo José Antonio Canoura, como experto na materia, quen nos amosará como facer as devanditas conservas. Deste xeito seremos capaces de disfrutar do ourizo do mar en todas as etapas da cadea: recolleita, elaboración e degustación, a cal se fará todavía máis pracenteira se o acompañamos con aquel poema de Neruda que dí:
“El erizo es el sol del mar,
centrífugo y anaranjado,
lleno de púas como llamas,
hecho de huevos y de yodo.
El erizo es como todo el mundo:
redondo, frágil, escondido;
húmedo, secreto y hostil:
el erizo es como el amor”.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



