Foz 04/03/2015 Vista a entrevista que recentemente realizaron a Javier Castiñeira, Alcalde de Foz, nun medio local, a Executiva do Partido Socialista quere puntualizar o seguinte:
– O Alcalde de Foz non é consciente da realidade e dos problemas do seu concello, o abandono das instalacións do pobo ou falta de limpeza despois de catro anos de goberno do Partido Popular é visible e palpable para calquera veciño nas beirarrúas, estradas, camiños, edificios municipais, parques infantís, aula da natureza, protectora de animais, estación de autobuses… etc.
– O balance é case exclusivamente de obras virtuais coma o carril bici, ou o porto deportivo; as imaxes que puidemos ver nos últimos días da situación na que se encontran as infraestructuras portuarias falan por si mesmas, un porto sen calado, completamente en seco,os pantaláns tremendamente deteriorados,sen servizo de luz e auga no porto chico, cunha lista de espera de preto de cen persoas, en definitiva un abandono total.
– Un Alcalde despreocupado pola sanidade local, neste mandato Foz perdeu unha ambulancia asistencial para traslados dos enfermos, os servizos médicos precarizáronse en gran medida, non se cobren as baixas dos profesionais sanitarios, o médico de urxencias de tarde non presta o servizo tódolos días da semana e permanece calado ante o desmantelamento do Hospital da Costa.
– Os veciños e veciñas viron como subiron exponencialmente as taxas e os impostos sen que repercutisen nunha mellora dos servizos; un exemplo é a axuda no fogar onde durante todo o seu mandato tan só dúas persoas estiveron ao fronte da mesma e incluso en houbo períodos con un solo traballador no servizo. Da mesma forma que asisten atónitos a ter un Alcalde que non fai mais que repetir que o mantra de que non hai cartos e á vez que deixa sen gastar parte das subvencións concedidas por outras administracións e ten que devolver uns cartos que se poderían dedicar á mellora dos servizos municipais e a contratación de persoal axudando así a diminuír a lacra do desemprego.
-Un Alcalde sen balance, que ten abandonadas as instalacións deportivas, cunha única actuación en todo o mandato, unhas pequenas melloras no campo da cabana, dun elevado custe para a obra realizada.
– Con respecto ao xeriátrico a súa gran obra, todo o mundo pode contemplar o seu estado de retraso, xa que o anterior goberno puxera e deixara os terreos a disposicion da Xunta de Galicia. Ou a depuradora, que despois de anunciar o inmediato desbloqueo da situación, non fixo mais que marear a perdiz e culpabilizar á oposición e non foi quen de investir un solo euro non xa nunha nova senón en tratar de paliar os defectos da existente
– Agora a falta de dous meses para as eleccións ven anunciando obras e melloras que non foi quen de facer en catro anos, afortunadamente os veciños e veciñas de Foz xa non se enganan tan facilmente e saben que estes últimos catro anos foron perdidos para o concello.
– Con respecto ao PSOE e á súa executiva que tanto parece molestalo dicirlle que ás decisións tómanse democraticamente e de forma compartida por todos os militantes, sen que sexa o dedo de ningún cacique o que propón o seu candidato.
















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



