Lugo, 6 de marzo de 2015. O responsable de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro, aproveitou a rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno do organismo provincial para abordar as actividades que impulsou a área que dirixe co gallo da celebración este vindeiro domingo do Día Internacional das Mulleres, centrándose especialmente nos que aínda están por desenvolverse, o segundo Congreso de Xénero, Museo, Arte e Migración, e os actos que se celebrarán mañá na praza de San Marcos.
Outeiro lembrou que “a Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo ten sempre presente que as cuestións de igualdade de xénero deben ser transversais, por iso aplicamos este criterio en todas as actividades que realizamos e en todas as iniciativas coas que colaboramos”, afirmou.
O delegado de Cultura explicou que a organización deste segundo congreso xurde logo do “rotundo éxito acadado en outubro de 2013 polo primeiro Congreso Xénero, Museos e Arte, con numerosas acreditacións e comunicacións presentadas, o amplo seguimento a través das redes sociais, pero sobre todo o convencemento no labor de compromiso social que a Rede Museística vén desenvolvendo, impúlsanos a levar a cabo este segundo congreso no que se engade, como piar necesario, a Migración”, apuntou.
Mario Outeiro puntualizou os obxectivos desta segunda edición: “Tras comezar coa exposición, na pasada edición, dos estudos de xénero, estimulados polo movemento feminista, moi activo desde o último terzo do século XX, nesta ocasión propoñemos liñas de traballo en torno á presenza da muller nos museos e coleccións, dirixindo e participando de proxectos artísticos, así como afondando nos aspectos de xénero que aparecen nas migracións e a súa interculturalidade. Así, haberá un total de tres bloques temáticos que se desenvolverán deste esta tarde a partir das 16 horas e durante o sábado 7 e o domingo 8 de marzo, empregando como emprazamentos o Museo Provincial de Lugo, o Pazo de Tor e o Museo do Mar de San Cibrao”.
Congreso dividido en tres bloques temáticos
O responsable de Cultura concretou que “o primeiro bloque tratará sobre xénero e museos e desenvolverase este venres no Museo Provincial, entre as catro e as oito da tarde”, cunha visita final ao Salón de Exposicións do Pazo de San Marcos para visionar a mostra Ollada ‘A miña familia’, inspirada na obra de Julia Minguillón. “O segundo bloque, sobre xénero e arte, xa terá lugar mañá no monfortino Pazo de Tor. A sesión deste sábado arrincará ás 09.30 horas e finalizará ás 12.00, e a de tarde consistirá nunha visita á contorna do pazo entre as 16.30 e as 19.00 horas. Rematará este congreso o domingo en San Cibrao, no Museo do Mar. Alí se falará de Xénero e Inmigración entre as 09.30 e as 13.30, momento no que se extraerán as conclusións do congreso. Pola tarde desenvolverase tamén unha visita aos arredores do museo sancibrense”, sinalou Outeiro.
Chévere o venres e acto público o sábado en San Marcos
Proseguindo cos actos impulsados desde a Área de Cultura para celebrar o Día Internacional das Mulleres, Outeiro recordou a actuación da compañía Chévere no Salón de Exposicións da Deputación na tarde deste venres. Dará comezo ás 20.30 horas e é de entrada gratuíta: “Ofrecerán o seu espectáculo ‘As fillas bravas’, teatro feminista en clave de humor co que buscan, tal como elas o explican, reafirmar modelos empoderados de muller, vencellados a expresións culturais que agochan berros emancipatorios e cantos de rebeldía insospeitados”.
Este sábado o acto público para conmemorar o Día Internacional das Mulleres, dará comezo ás doce do mediodía na praza de San Marcos. “Non podíamos deixar pasar esta tarde sen reivindicar a necesidade de frear os retrocesos que se están a producir en relación coa igualdade de xénero e por iso organizamos un acto de encontro e reivindicación feminista no que contaremos coa participación de moitas mulleres de diferentes idades, colectivos e eidos sociais. Así mesmo, contaremos tamén con artistas da nosa provincia, como a actriz sarriá Lorena do Val, que nos sorprenderá coa súa fermosa voz, as actrices Isabel Risco e Marián Bañobre, que farán de mestras de cerimonias conducindo este acto que culminará cunha actuación musical da cantautora galega María Xosé Silvar, Sés”, manifestou Mario Outeiro.
Outras actividades
O responsable provincial de Cultura recordou que o pasado mércores, encadrado nos Seráns Culturais, o pazo de San Marcos acolleu o espectáculo ‘Cama e conto’, de Títeres Babaluva, dirixido aos máis pequenos e pequenas da casa “para por en valor e conciencialos xa desde idades máis temperás na importancia da educación na igualdade do xénero”, apuntou.
Do mesmo xeito, enfocada á celebración do 8 de marzo, o Salón de Exposicións da Deputación acolle desde onte e ata o 18 de xuño a exposición ‘Olladas de muller’, que neste ano centrou a súa atención na obra ‘A miña familia’, da pintora luguesa Julia Minguillón: “Conta coa participación de 47 artistas, que ofrecen 47 miradas diferentes nas que se reflexiona sobre a figura e o tempo, tendo como referente a familia e a muller”.
Colaboración con colectivos de mulleres
Finalmente, Mario Outeiro remarcou os acordos e axudas prestadas desde a Área de Benestar e Igualdade aos colectivos que agrupan a mulleres. “Desde esta área traballamos sempre na atención e posta en marcha de proxectos en colaboración con asociacións de mulleres na provincia de Lugo. Así, podemos salientar a colaboración con entidades como Aliad-Ultreia e o seu proxecto ‘Donas’, dirixido á integración de mulleres migrantes; coa Asociación Si, hai saída, que axuda ás mulleres vítimas de violencia machista; o Observatorio da Mariña pola Igualdade; a Asociación de Mulleres Rurais de San Bartolomeu de Insua, en Vilalba; entre outras moitas”, rematou.






















A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Sinopse: Cando chega a noite e nós durmimos, a Lúa asoma polas fiestras e goza dos nosos soños. Así descobre historias máxicas, tolas e divertidas. Os seus soños favoritos son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura e cunha imaxinación desbordante. Viaxa entre estrelas, pilota un zapato que percorre os mares ou chega ao mundo do revés. Unha proposta chea de fantasía e creatividade para fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.



