A Mariña, 10 de marzo de 2015. O colectivo de emigrantes retornados da Mariña sae ao paso dos anuncios baleiros de contido do portavoz popular José Manuel Balseiro, que en días pasados anunciaba a atención na delegación de facenda de Foz con técnicos que non existen xa que o servizo de facenda en Foz non vai contar con eles como xa denunciou este colectivo. Emigrantes Retornados acusou a Balseiro de “charlatan de feira” porque dous días despois este portavoz do PP recoñecía que os trámites para presentar declaracións complementarias non terán asistencia personalizada na comarca senón que deberán trasladarse a Lugo para beneficiarse deste servizo.
Acusan a Balseiro de ser un charlatán de feira que fala sen coñecer os procedementos nin os problemas dos emigrantes retornados
Desde o colectivo de Emigrantes Retornados da Mariña acusaron a Balseiro unha vez mais de “falar por falar porque descoñece os problemas, os procedementos e as singularidades dos centos de persoas que na Mariña se verán obrigadas a presentar declaracións complementarias ate o 30 de xuño”. “Son centos de persoas que regularizarán a súa situación nunha operación que traerá cuantiosos beneficios económicos á Axencia Tributaria pero a pesar dos anuncios, na comarca da Mariña non está previsto que se atenda de maneira individualizada a estas persoas senón que se lles obriga a viaxar a Lugo ou pagar os trámites nunha xestoría”, a firman desde o colectivo mariñao.
O PP ademais de saquear os nosos aforros trátanos como contribuíntes de segunda clase
Reclaman que a delegación da Axencia Tributaria en Foz conte con persoal para atender os casos na comarca porque do contrario ademais de saquear os aforros dos emigrantes estase tratando aos centos de persoas afectadas da Mariña como contribuíntes de segunda clase.
Desde o colectivo lembran que “somos xente maior que en moitos casos dependemos de terceiras persoas para viaxar, si ademais temos que facelo a Lugo para presentar unha declaración complementaria que consideramos inxusta por ser mal informados pola propia Axencia Tributaria”.
O PP é o principal responsábel dos nosos problemas
Emigrantes Retornados advírtenlle a Balseiro que o colectivo sabe perfectamente quen apoia os nosos intereses e quen non, como exemplo recente poñen a votación contraria do Partido Popular na deputación de Lugo a unha iniciativa ao noso favor presentada polo BNG, como este exemplo hai moitos nos concellos, Parlamento Galego e Congreso, polo que lle piden a Balseiro que deixe de intentar dividir porque o principal responsábel dos nosos problemas é o Partido Popular.
Emigrantes Retornados da Mariña asistirá á mobilización en Compostela do día 21 de marzo
Por último anuncian que o colectivo de Emigrantes Retornados da Mariña asistirá á manifestación convocada pola Coordinadora Galega de Emigrantes Retornados o día 21 en Compostela onde reclamaremos a equiparación da presión fiscal independentemente da existencia de un ou mais pagadores, un marco homoxéneo para todas as pensións, ou a modificación do marco actual no sentido de evitar a “retroactividade” que establece a disposición adicional primeira da Lei 26/2014 tanto en relación coas persoas que xa tributaron por rendas percibidas en exercicios anteriores durante o ano 2013 e 2014, como para as que están pendentes de tributar todas as rendas desde o exercicio 2010 durante este período extraordinario de regularización.






















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



