Foz, 11 de marzo de 2015.- O secretario xeral dos populares lucenses e deputado autonómico, Jose Manuel Balseiro, anunciou est emércores que os emigrantes retornados poderán facer todos os seus trámites na Axencia Tributaria de Foz.
Se fai uns días confirmaba que este colectivo xa podía presentar as súas solicitudes para a devolución das sancións nesta delegación comarcal, hoxe está en disposición de asegurar “que incluso se amplía este servizo” e tamén en Foz poderán recibir, concertando cita previa, asesoramento dun técnico especializado e poderán ser asistidos para confeccionar as súas declaracións. “Todo isto sen necesidade de trasladarse a Lugo, tal e como tiñan que facer ata o de agora”- aclara Balseiro.
Así o adiantou este mércores o secretario xeral dos populares lucenses, Jose Manuel Balseiro, logo da efectuar diversas xestións e confirmar a inminencia do reforzo ante os responsables do Ministerio de Facenda
DEVOLUCIÓN DAS SANCIÓNS
Cumprindo a principal demanda dos emigrantes retornados, a Axencia Tributaria habilitou un prazo extraordinario para que, ata o 30 de xuño, aqueles integrantes deste colectivo que non o fixeron poidan regularizar a súa situación. O Ministerio de Facenda condonará todas as sancións, todos xuros de demora e recargos impostos a este colectivo e devolverá as cantidades xa abonadas.
Esta medida responde, aclara Balseiro, a unha proposta trasladada pola Xunta ao ministro de Facenda e tamén supón o cumprimento do acordo unánime que, sobre este particular se adoptou no Parlamento galego.
O BNG NON QUEREN SOLUCIÓNS
Balseiro volveu a poñer en valor as xestións en positivo e construtivas que o Partido Popular está a realizar na procura dunha solución para este colectivo e insistiu en que os emigrantes retornados non deben deixarse manipular por partidos políticos como o BNG. “Os nacionalistas so queren seguir coa pancarta e a eles nunca lles interesou que se chegase a unha solución”.
“Hoxe podemos dicir que as negociacións nos despachos teñen máis forza que os intentos de manipulación do BNG”, e convencidos de que había un problema e que era posible facilitar que todos os emigrantes retornados da nosa comarca puideran facer os trámites desde Foz, evitando desprazamentos, puxemos en marcha as iniciativas precisas para conseguilo.



















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



