O Burela FS Pescados Rubén gozará por partida dobre da Copa de España Cidade Real 2015. Xunto ao equipo de Primeira LNFS, que se medirá este xoves ao actual campión, Inter Movistar (21.15 horas, Teledeporte), tamén debutará o equipo Infantil. Dirixido por Mario Pillado e Christian Fustes, o conxunto de base mariñán participará na Minicopa baténdose ao mesmo rival que o sénior, este venres, ás 12.30 horas (pavillón Puerta Santa María).
Álvaro Dorado, Bruno García, Jairo Ares, Yeremay Aisa, Aarón Artime, Diego Lúa, Renato Rodrigues, Aitor García, Eurickson Gomes, Manuel Rubiños, Nicolau Vizoso e Miguel Alves compoñen o cadro laranxa, xunto aos delegados Andrés Vizoso e José Manuel Ares. A expedición chegará ao seu destino de Copa esta tarde para animar o conxunto de Juanlu Alonso na súa gran xesta deste xoves en cuartos no Quijote Arena. Este enres inverteranse os papeis; os representantes do Futuro Laranxa recibirán o apoio de xogadores e corpo técnico de Primeira desde a bancada.
As semifinais e final poderán verse en directo en www.lnfs.es.
Venres 13 de marzo
Pavillón Puerta Santa María
10.30 horas: ElPozo Murcia FS-Jaén Paraíso Interior
12.30 horas: Inter Movistar-Burela FS Pescados Rubén
Pavillón Príncipe Felipe
10.30 horas: Magna Navarra-Palma Futsal
12.30 horas: FC Barcelona-Aspil Vidal Ribera Navarra FS
Sábado 14 de marzo, Pavillón Quijote Arena
10.30 horas: Semifinal 1 Gañador (A) – Gañador (B)
12.30 horas: Semifnal 2 Gañador (C) – Gañador (D)
Domingo 15 de marzo, Pavillón Quijote Arena
12.00 horas: Gañador Semifinal 1 – Gañador Semifinal 2






















Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
