Cervo, 13 de marzo de 2015- O Concello de Cervo e os establecementos participantes presentaron este venres o cartel e o programa da XXIV Festa do Ourizo que se celebra en San Cibrao o sábado 21 de marzo. Un acto ao que asistiron o alcalde, Alfonso Villares, a edil de Turismo, Begoña Alonso, e representantes dos bares e restaurantes onde, durante todo o día, cada un deles ofrecerá as súas especialidades de ourizo, dende as preparacións máis tradicionais ata as máis innovadoras.
De feito, a degustación en bares e restaurantes é a base desta festa de Interese Turístico Galego, na que os cociñeiros locais van renovando a súa carta, ofrecendo cada ano novas elaboracións, sempre co ourizo como ingrediente principal. Os establecementos participantes son: Pizzería A Sombriza, Cervexería O Encontro, Restaurante Boavista, Restaurante O Noso Lar, Mesón A Bodega, Pizzería O Trasgo, Bar Candal, Cafetería LuscoFusco, Bar Maruxaina e Bar O Pulgas.
Cociña en vivo
Os actos comezarán ás 12 horas coa inauguración das XV xornadas técnicas na carpa instalada na praza dos Campos, e ás 12.horas arrincará o espectáculo de cociña en vivo, no que catro cociñeiros con estrela Michelin prepararán paso a paso diferentes pratos de ourizo que o público poderá degustar de forma gratuíta. Nesta edición participarán os chefs Yayo Daporta, do restaurante Yayo Daporta de Cambados, e que foi xurado no programa de televisión Top Chef; Pepe Solla, do Restaurante Casa Solla de Poio, que xa estivera na festa hai dous anos; Rafael Centeno, do Restaurante Maruja Limón, de Vigo e Alberto González, do Restaurante Silabario de Tui, que xa cociñara o ano pasado.
Todos eles sorprenderán ao público con creacións e combinacións innovadoras e presentacións orixinais, ao igual que en edicións anteriores, nas que os chefs teñen mesturado o ourizo con cítricos, picante e incluso con sabores doces. Ao remate, tras a clausura, actuará o grupo de gaiteiros Rebolaxe de San Ciprián. Cabe destacar tamén que os asistentes poderán adquirir racións de ourizo cocido e cru na mesma carpa a un prezo módico.
Concurso gastronómico
O programa continuará co XIV Concurso gastronómico de Ourizo, no que os bares e restaurantes presentan pratos preparados especialmente para o certame (dous por local como máximo) e que despois tamén se poden degustar nos respectivos locais. Con esta iniciativa o Concello pretende “fomentar la creatividad y la innovación favoreciendo que los hosteleros sigan experimentando con este producto que tiene tantas posibilidades culinarias”, asegura a edil de Turismo.
Un xurado especializado valorará os pratos, atendendo tanto ao sabor como á presentación, a orixinalidade ou o aproveitamento do ourizo como ingrediente principal. A entrega de pratos por parte dos locais será ás 13:30 h. na carpa da praza dos Campos, e ás 14 h. o xurado probará cada proposta e deliberará. Ás 14:30 horas coñeceranse os gañadores do concurso e entregaranse os premios.
Ademais, as charangas Manca na Cheda (Mondoñedo), Charanga de Vilalba e Aturuxo (Ribadeo) e os gaiteiros de Airiños do Xunco (Cervo) amenizarán a degustación durante todo o día.
Alonso quixo agradecer aos bares e restaurantes que participan “su implicación en esta fiesta y su interés por renovar constantemente sus propuestas con erizo” así como por “mantener la tradición de consumir y exaltar este producto que forma parte de nuestra gastronomía, convirtiéndolo en un atractivo turístico”.




















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.



