Cervo, 16 de marzo de 2015-O Concello de Cervo segue estendendo o seu programa de reforestación con árbores autóctonas. Nesta ocasión, a actuación tivo lugar nunha parcela municipal situada ao carón da piscina de Lieiro, e nela implicáronse escolares dos colexios de Cervo e San Cibrao. Así, uns 150 nenos e nenas de infantil e primaria plantaron durante a mañá un cento de árbores, guiados polos participantes do programa de formación dual, de bolseiros que fan prácticas no Concello así como persoal da Fundación Ardilla.
Unhas árbores que foron facilitadas pola Fundación Alcoa, que doou ao Concello un total de 3.000 exemplares e que serán distribuídos nas próximas semanas noutras parcelas como o Monte Escarabelada, no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos, onde se teñen realizado numerosas campañas de plantación de autóctonas, ou no Macho, tamén na parroquia de Sargadelos.
De feito, en tres anos o Concello promoveu e levou a cabo a plantación de árbores con especies propias nunha superficie de 17 hectáreas, entre as que se atopan as do Monte Escarabelada, pero tamén montes comunais de Lieiro e de Bidueiras (Cervo). Polo tanto, este é un programa de continuidade, para “recuperar el bosque autóctono y, con él, nuestra riqueza natural y paisajística”, asegura a edil de Medio Ambiente, Begoña Alonso.
Ademais, en casos coma este, nos que as campañas se fan coa implicación do alumnado, “la plantación no es sólo una actuación medioambiental, sino que además es una actividad de concienciación para los niños y niñas, que aprenden a cuidar el medio natural desde el principio, creando nuevas zonas de bosque”. Precisamente por iso o Concello promove a participación do alumnado neste tipo de actuacións de forma periódica.
Alonso lembra que durante o ano realízanse varias plantacións para ir ampliando o territorio reforestado pero, ao mesmo tempo, lévanse a cabo tarefas de mantemento, que inclúen a limpeza ou a reposición daquelas plantas que non prenderon. “Este proyecto dará sus frutos a largo plazo pero merece la pena ponerlo en marcha pensando en las próximas generaciones”.
Un proxecto que mestura a súa vertente medio ambiental coa turística, xa que no futuro “este pulmón autóctono podrá convertirse en un atractivo más de nuestro municipio”, sen esquecer a súa vinculación co emprego, xa que tanto os participantes da formación dual como os bolseiros que fan prácticas no Concello ou dos obradoiros teñen desenvolvido actuacións nestes novos bosques autóctonos.























A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



