A Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, e a Deputada de Deseño e Artesanía, Regina Polín, presentaron, nun acto que tivo lugar este xoves na Capela de Santa María, a Gala Lvcvs Moda 2015, que terá lugar no Círculo das Artes de Lugo, o vindeiro día 16 de abril ás 21.00 horas. Nesta ocasión, o evento, que volta a ser benéfico, está dedicado á Mariña lucense, deixando patente, unha vez máis, o apoio das institucións á riqueza natural e patrimonial da provincia, e impulsando o turismo neste enclave natural.
Méndez e Polín estiveron acompañadas por Eduardo Souto, Presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Peluquería, Estética y Afines Pelirroja, colectivo que, tal e como fixo o ano pasado, organiza esta iniciativa, que puxeron en marcha Deputación e Concello de Lugo cinco anos atrás. Ambas as dúas administracións continúan colaborando e patrocinando este evento, que é de carácter benéfico, pois todo o recadado coa venda de entradas irá destinado, integramente, ao Fogar do Transeúnte da capital luguesa.
A presentación da Gala tamén contou coa presenza de profesionais do deseño, moda, artesanía e imaxe que tomarán parte no evento, cuxo interese é a razón fundamental para a continuidade da Lvcvs Moda, xa que esta pasarela tense revelado como un importante factor de xeración de riqueza e creación de postos de traballo no sector.
Deseñadores, artesáns e expertos en imaxe
Na Gala Lvcvs Moda 2015 participarán 6 deseñadores: Luis Areñas; Manuel Bolaño; María Tacón; Montse Arias, Tina Cortón e Chicadecanela. As 16 firmas de artesanía de toda a provincia son Azaia; Beatriz Valín; Carmen López; Cecilia Carballo; Cestería Viva; Corazóns Artesáns; Jara Rodríguez; M&N; Obradoiro en Lá; Yan Llan, Paula Dimé; Rappa Taller; Sra. María; Vidal Revilla, Amalgama e Traxandaina, que presentarán os seus traballos de xoiería, cestaría, téxtil, coiro e outros complementos. Os asistentes tamén poderán desfrutar do espectáculo que ofrecerán as 9 peluquerías presentes: Eduardo Souto Peluqueros; Miriam Souto Peluqueros; Mohama Peluqueros; Avalon Peluqueros; O Baúl da Beleza; Marta Campo; Meyva Peluqueros; Vanessa Martínez Estilistas e Blanco y Negro Peluqueros. Todos eles amosarán os seus traballos de maquillaxe e peiteados.
Nesta Gala Lvcvs Moda 2015 son moitos negocios lucenses que prestan a súa colaboración, xa que supón unha imporante vía de promoción dos seus negocios. Son 10 as firmas colaboradoras: Dick&Paul; Cuplé; IES Muralla Romana; Janeiro Floristería; Lolita Blu; Lucus Piel Peletería; Marcos Peón, M&N Joyas; Messalina e Modesto Santa Eularia.
Así pois, o vindeiro día 16 de abril, ás 21.00 horas, no Círculo das Artes, os lucenses teñen unha nova cita con estes 6 deseñadores, 16 artesáns e 9 profesionais da imaxe e a estética, que atraerán a atención dos medios de comunicación, como en anteriores ocasións. De feito, os que non teñan a oportunidade de ver este gala en vivo poderán facelo posteriormente nas súas casas, posto que novamente os alumnos de Produción e Realización da Fundación TIC gravarán integramente o evento para a súa promoción e difusión.
Entradas á venda
As entradas, que previsiblemente se esgotarán en poucos días, tal e como aconteceu en todas as edicións celebradas, poderán mercarse dende este xoves nos establecementos dos deseñadores e peluquerías participantes ao mesmo prezo que en anos anteriores: 20 euros. Coa súa entrada, todos os asistentes recibirán un pequeno catálogo, no que poderán atopar toda a información necesaria para adquirir calquera deseño das coleccións presentes.




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



